Motivación do regulamento. Por que é necesario?
Estamos no debate de un novo regulamento. Neste caso de uso das
instalacións deportivas municipais. Este novo regulamento,
derogará o anterior, que data do ano 2.006, aprobado sendo Alcalde
o señor Miguel A. Pérez, quen volve a traer unha proposta neste
senso, esta vez baixo iniciativa de un concelleiro de deportes
distinto, o señor Alfredo Bea.
Cando se debate calquer tipo de iniciativa, o primeiro que nos
preguntamos para poder decidir o noso sentido de voto é que é o
que a motiva e tamén sobre a súa necesidade e conveniencia.
Facémoslle entón unha primeira pregunta ao señor Alcalde: ¿cales
son as motivacións para traer a Pleno un novo regulamento de uso
das instlacións deportivas municipais? ¿Obervouse algunha
necesidade nova que o anterior regulamento non recollera?
A quen beneficia?
Outra pregunta fundamental á hora de discernir sobre a
conveniencia ou non de apoiar unha proposta allea, é saber a quen
beneficia. Calqueira iniciativa levada a acabo por calqueira
membro da corporación contará co noso apoio sempre que os
beneficiados sexan os veciños e veciñas do Grove en xeral, mais
nunca cando se pretenda crear privilexios a particulares sobre
dereitos xerais ou se castigue sen motivo a calquer grupo,
maioritario ou minoritario.
¿A quen beneficia entón a proposta de novo regulamento que se
debate hoxe? ¿Beneficia aos veciños e veciñas en xeral
facilitándolles o disfrute das instalacións deportivas municipais? Non, pois as taxas que se propoñen son maiores que as que están en
vigor. ¿Benefica entón aos clubes e asociacións deportivas do
Concello do Grove? Non, pois introduce barreiras de entrada a
exencións e bonificacións inexistentes no regulamento en vigor, e
na maioría dos casos totalmente arbitrarias. ¿Que buscan entón o
señor Alcalde e o señor concelleiro de Deportes con este novo
regulamento?
Necesidade dun proceso participativo de elaboración.
Vendo que as únicas novidades a ter en conta que introduce este
regulamento son a regulación da actividade do técnico de deportes
(figura inexistente anteriormente) e réximes de uso específicos
para cada instalación deportiva municipal, propuxeemos a retirada
deste punto da orde do día e a apertura de un proceso
participativo no seo do Consello Local de Deportes de un novo
regulamento que si busque o interexe xeral de veciños e clubes
deportivos do noso Concello. Ao non ser aceptada esta proposta, desde Esquerda
Unida votamos en contra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario