Na Xunta de Goberno do pasado 24 de febreiro, o goberno aprobou o proceder á contratación de Victor Otero Prol, número 2 da candidatura do Partido Galeguista Demócrata, como coordinador, asesor e xestor dos servizos da Concellería de Seguridade Cidadá e Emerxencias. Esquerda Unida levará á Sesión Plenaria de hoxe este tema no punto de Rogos e Preguntas:
En Xunta de Goberno do 24 de febreiro de este ano 2.012, o goberno aproba proceder á contratación de Víctor Otero Prol porlo montante de 13.300€ para a coordinación, asesoramento e xestión dos servizos da Concellería de Seguridade cidadá e merxencias.
É doloroso para o veciño de a pé ver como desde este goberno municipal se insiste na quebra técnica do Concello, escoitar que se escudan en que non hai cartos para xustificar a cancelación de servizos ou a non posta en marcha de algúns novos e a suba indiscriminada de taxas e sen embargo, ver como se contrata ao número dous da candidatura do PGD, partido coaligado do goberno, para a xestión coordinación e
asesoramento da Concellería de Seguridade cidadán, para cuxa xestión e coordinación está liberado a tempo completo o número un da candidatura do PGD e concelleiro señor Alfredo Bea.
Preguntas:
¿Como xustifica o señor Alcalde este contrato?
¿A que tipo de presión foi sometido para aceptar semellante enchufe?
¿Forma parte este contrato dos acordos de goberno do tripartito?
Ningún comentario:
Publicar un comentario