xoves, 26 de xuño de 2008

Os socios de goberno aceptan as peticións de EU para atallar a crise municipal

Nunha reunión realizada o martes 24 pola noite, os nosos socios de goberno (PSdG-PSOE, BNG e PG) aceptaron a nosa proposta para dar fin á crise de goberno que puxo en grave perigo a continuidade do cuadripartido.
Desde EU sempre nos amosamos fieis aos compromisos que adquirimos. Hai un ano, asinamos un pacto de goberno con uns contidos e unha filosofía coa finalidade de crear un goberno estábel para O Grove. Para nós o máis importante do acordo alcanzado, é que precisamente o goberno recupera ao pacto de goberno como elemento fundamental da nosa acción, tanto no seu contido como na súa filosofía ou espírito, e sobre todo, que o goberno, como debe ser, antepón os intereses dos veciños do Grove aos intereses partidistas.
COMUNICADO DO GOBERNO DO GROVE
O Goberno do Grove, formado polas forzas políticas PSdG-PSOE, BNG, PG e EU, quere informar aos veciños e veciñas, da decisión e acordos tomados na reunión que tiveron onte os catro partidos políticos que hai agora un ano acadaron un acordo de goberno do Concello.
  1. É vontade das catro forzas continuar formando parte do actual Goberno do Grove.
  2. Os catro partidos asinantes do pacto, reafírmanse no mesmo e defenden a súa filosofía, para continuar traballando conxuntamente no proxecto político iniciado hai un ano.
  3. En relación coa Concellería responsable da xestión do Persoal adóptase o acordo seguinte:
  4. O Concelleiro titular da mesma segue sendo Xan Lamelas.
    Temporalmente e ata que conforme un equipo administrativo que o apoie nas tarefas de persoal, acórdase que para tratar as cuestións de organización de persoal das diferentes áreas, cada concelleiro ou concelleira farase cargo directamente de xestionar o seu servizo con plenas competencias.
    Todas as áreas restantes de Formación , Emprego, Xuventude e as que se refiran á parte estrutural da concellería: comité de seguridade, de formación, de riscos laborais… seguirá levándoas o titular Xan Lamelas.
  5. O actual Goberno quere manifestar que segue mantendo o seu compromiso con todos os veciños e veciñas do Grove, para atender e resolver na medida do posible as súas demandas, entendendo que por riba das diferenzas dos partidos está o servizo aos cidadáns.
O Goberno do Concello do Grove.
No Grove a 26 de xuño de 2008

Ningún comentario:

Publicar un comentario