AS COMPAÑÍAS ELÉCTRICAS, co apoio do Goberno, van a eliminar en Xullo a “tarifa nocturna”, que é unha obriga contraída mediante contrato cos seus clientes. Por este incumprimento non só non nos compensan senón que conseguen – cómo non – que pasemos a pagar máis no cosumo e que, de paso, corramos os usuarios coa boa parte dos gastos das modificacións no voltaxe que esas empresas deben garantir no seu negocio ante o aumento do uso da enerxía eléctrica e para evitar os “apagóns” e as caídas de tensión.
Empresas privadas ás que xa lles estamos pagando un imposto na factura (o chamado C.T.C) e que se benefician de cuantiosas axudas e inversións públicas do Estado (tamén cartos que saen dos nosos impostos) van a descargar sobre os salarios e os ingresos dos pequenos industriais o custo dunha “modernización” da rede eléctrica que debían sufragar os SEUS SUPERBENEFICIOS, tanto que incluso son un gran “bocado” para os inversores estranxeiros.
As eléctricas están en mans do poder financeiro, dos grandes capitalistas aos que só lles importa asegurar que as ganancias sexan privadas pero que os gastos sexan de todos. DEBEMOS DECIR BASTA A ESTE ABUSO E OGRIGAR AO GOBERNO A RECTIFICAR. Pero que non te enganen os que din apoiar esta reivindicación porque teñen como candidato nº2 de Rajoy precisamente a un Sr. Que cando era presidente de ENDESA fixo presión a favor do interese destas empresas contra o cidadán e que se “xubilou” con… 2.500 MILLÓNS DE PESETAS DE INDEMNIZACIÓN!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario