luns, 3 de marzo de 2008

Esquerda Unida pide o “verdadeiro voto útil” no mitin celebrado no Grove

Prensa:
Esquerda Unida pide o "verdadeiro voto útil" no mitin celebrado no Grove
Redacción Todogrove.com
No mitin celebrado esta mañá no cine O Marino e ante 70 persoas, interviñeron Juan José Guirado, cabeza de lista por Pontevedra ao Parlamento, Patricia Rey, número dous, e os concelleiros de EU en Vilagarcía e O Grove, Juan Fajardo e Xan Lamelas.


A precariedade laboral, a regulación da eutanasia, a Lei de prazos, Lei de Estranxeira, a igualdade de dereitos sexuais… foron algúns dos temas cos que o concelleiro de Esquerda Unida en O Grove, abría a quenda de intervencións. Juan Fajardo encargouse de falar da supresión da tarifa nocturna e aproveitou para igualar a Socialistas e Populares a hora de facer política. Recordou como os dous partidos maioritarios miran so polos intereses dos “seus amigos”. Non se esqueceu do nacionalista Anxo Quintana do que dixo que “fai o mesmo que o dinosauro pero con máis gaitas”, en referenza as súas xuntanzas coa xente maior.
Juan José Guirado, cabeza de lista por Pontevedra ao parlamento, encargouse de pechar o mitin analizando a situación económica. Tamén explicou a inxusta Lei Electoral e como o chamado voto útil reclamado polos socialistas fixo que hai catro anos saíse favorecido o Partido Popular.
En todas as intervencións se repetiu o mesmo, a importancia de estar no Parlamento coa maior forza posible e por iso pediron “o voto útil para a esquerda real”.

VER FOTOGRAFÍAS DO MITIN 

Ningún comentario:

Publicar un comentario