domingo, 3 de febreiro de 2008

Esquerda Unida elixe aos candidatos e candidatas para o Congreso e o Senado

O sábado 26 de xaneiro de 2008, o Consello Político Nacional ratificou as candidaturas para as eleccións a Cortes Xerais para o Congreso dos Deputados e para o Senado. As candidaturas foron ratificadas por unanimidade e están encabezadas por Manuel Peña-Rey (Ourense), Juan José Guirado (Pontevedra), Isabel Sánchez (Lugo) e Xabier Ron (A Coruña).Trátase de listas que procuran conxugar novos rostros con caras xa coñecidas da vida política galega. Procurouse, asi mesmo, manter un criterio de proporcionalidade e territorialidade xeográfica. As persoas que integran o grosso das candidaturas para o Congreso dos Deputados e para o Senado daranse a coñecer aos medios e á cidadanía nun acto público que terá lugar o venres 8 de febreiro nun hotel de Compostela ás 12h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario