venres, 22 de febreiro de 2008

O 9-M vota Esquerda Unida

O vindeiro 9 de marzo, os cidadáns do Estado Español estamos chamados a votar para elexir aos membros do Congreso e do Senado. Esquerda Unida preséntase a estas eleccións cun programa auténtico de esquerdas, no que se priman os intereses dos traballadores, os dereitos sociais, os servizos públicos e unha política fiscal progresiva que beneficie aos que menos teñen.


Ante o perverso sistema electoral español, Esquerda Unida precisa o teu voto para poder ter a maior representación posíbel no Parlamento e o Senado, e formar un goberno decididamente de esquerdas, ante à viraxe ao centro do PSOE e as políticas negadoras de dereitos e de capitalismo extremo do PP. Un goberno que avance cara o progreso, en defensa do emprego de calidade, unha educación pública crítica, científica e humanista, e a loita pola 3ª República federal e con Democracia Participativa.
Descargas:

Esquerda Unida é + esquerda

Vota Esquerda Unida

Ningún comentario:

Publicar un comentario