domingo, 6 de xaneiro de 2008

O festival ‘Ogrobe Rocks’ confirma a boa saúde da creación musical grovense

Prensa:
O festival ‘Ogrobe Rocks’ confirma a boa saúde da creación musical grovense
Cinco grupos locais actuaron a pasada noite no café concerto TNT, ante un público con gañas de pasar un bo rato. Sobre o escenario pasou unha nutrida representación do que está a levar a cabo a nivel musical, a mocidade da vila. O festival contou co patrocinio e colaboración da Concellalia de Xuventude que dirixe Xan Lamelas.
Redacción todogrove.com

Non estaban todos os que son pero son todos os que estiveron, cinco dos grupos musicais radicados no Grove ofreceron un concerto organizado en conxunto coa sala TNT, denominado “Ogrobe Rocks”.
Os encargados de abrir o festival foron os “Schizophrenic housewives”, grupo de recente creación, que se estreou neste festival e se autodenominan: “”moi xeitosos, moi aquelados e moi traballadores”, composto por Señora de Zé Pequeño (baixo), Señora de Michael J. Fox (guitarra) e Señorita Copperfield (bateria).
A continuación os “Alto Volta”, música pop-rock alternativa, composto por Paco (baixo), Nestor (acústica e voz), Robillo (guitarra e programación), Iván (bateria) e Xous (guitarra); estrearon a remodelación na súa composición, xa que recentemente realizaron cambios na formación.
Os seguintes en subir ao escenario foron os “Mega purple sex toy kit”, composto por Alfonso (voz e guitarra acústica), Marcos (baixo), Uxío (guitarra), Fernando (órgano hammond), Ramón (batería), o grupo grovense liderado por Marcos (meco de adopción) fixo gala dun fresco sonido do seu hard-rock psicodélico.
Antes do remate subiron ao escenario “Analogic”, composto por David (baixo), Tomás (batería), Anxo (voz e guitarra) e Trigo (guitarra); que tamén estreaba cambio de vocalista, adquirindo así un sonido aínda máis contundente do que nos tiñan acostumados.
Os encargados de pechar a noite foron os “Telephones rouges”, composto por Matitas Auch, Fosa Común, Rene Abaliños e Meursault. Arroupados por unha lexión de fans fixeron do seu sonido electrónico e distorsinado mellor despedida ante máis de cen asistentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario