ROGOS E PREGUNTAS
📅
31 de marzo de 2025
▶
Intervención: minuto 1:15:22
Preguntas realizadas
🔻 Escola de Música Pepe Silva
Preguntamos se estaban listas as
bases de licitación para sacar a concurso este servizo por catro anos.
🔻 Subida a Meloxo
Preguntamos polo estado das
cesións dos terreos necesarias para executar a obra de mellora.
🔻 Ordenanza de Patinetes
Preguntamos se se realizaran
charlas informativas nos centros educativos e outros espazos.
🔻 Sancións por uso de patinetes
eléctricos
Preguntamos se se executara
algunha sanción en base á nova ordenanza.
🔻 Paso de peóns en Beiramar
Preguntamos polo motivo da
eliminación do paso de peóns que conectaba a fonte dos cabaliños co parque de
Confín.
🔻 Merendeiro do Monte Central Xaquín
Álvarez Corbacho
Preguntamos pola localización do
merendeiro instalado neste espazo.
🔻 Aplicación “O Meu Concello”
Preguntamos polo motivo polo que
esta aplicación seguía sen estar activa.
🔻 Orzamentos municipais
Preguntamos se o goberno tiña
intención de presentar un borrador de orzamentos para negociar coa oposición.
Rogos e solicitudes
🔻 Limpeza do exterior do Auditorio
Solicitamos a limpeza da contorna
do edificio debido á imaxe de suciedade que presentaba.
🔻 Control de acceso a rúas peonís
Solicitamos reforzar o control de
vehículos e patinetes na rúa Castelao e noutras rúas peonís.
🔻 Paso de peóns de Beiramar
Solicitamos o informe municipal
que xustificou a súa eliminación.
🔻 Monte Central Xaquín Álvarez Corbacho
Solicitamos reparar bancos,
balaustradas e outros elementos deteriorados.
🔻 Mercado Municipal
Solicitamos a documentación
relativa aos postos, locais e bancadas do mercado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario