Imaxe da actual reforma do Skate Park. Foto: Concello do Grove |
O Grove, 19 de novembro de 2019. O grupo municipal de
Esquerda Unida, formado polos concelleiros José Antonio Otero e Cristina
Domínguez, vén de denunciar a situación do skate park do Corgo. Nestes últimos
días, a veciñanza puido comprobar como por enésima vez volve a estar en obras
esta instalación lúdica inaugurada entre cables, escombros e plantas de
estramonio polo alcalde José Cacabelos.
Con esta nova actuación a obra xa non ten nada que ver co proxecto que fora adxudicado en decembro do pasado ano, o que, segundo os concelleiros
esquerdistas, “vén a demostrar que con ou sen maioría, este goberno do PSOE non
sabe que é o que quere para O Grove: gobernan desde a improvisación.”
Esta falta de planificación denunciada por Esquerda Unida
supón unha nova inxección de partidas orzamentarias a este espazo que o goberno
de Cacabelos intenta agochar baixo unha imaxe de mellora de espazos públicos.
Segundo declara José Antonio Otero: “Non entendemos que logo de realizar un
proxecto, se executarse coas complicación que levou, agora se estea modificando
a cada paso”. Os esquerdistas recordan que a obra sufriu dificultades na súa
execución por problemas coa empresa adxudicataria, así como por modificacións
propostas coa obra iniciada, o que retrasou a súa inauguración. Unha
inauguración que tamén consideran se fixo “ás presas, xa que o espazo estaba
sen rematar e foron visibles os cables e tubos aflorando polos xardíns durante
varios meses”, cuestión que xa denunciaron os esquerdistas nas redes sociais.
Así mesmo, Otero e Domínguez recordan que a obra foi adxudicada
en decembro de 2018 a Degalle Construcións S.A logo dunha oferta económica de
57.109,34 € que incluía como melloras a xardinería e rego, así como a
iluminación. Desde Esquerda Unida, en base ao que recollen as actas de xunta de
goberno, aseguran que a empresa chegou a cobrar 1.710,65 € a maiores do
ofertado (cadro 1), sen ter realizado as melloras prometidas, pois a
iluminación foi contratada a maiores en xullo deste ano por 3.555,95 €
(Digamel) e o rego e axardinado en setembro a Bata por 9.990 € o que, a falta
de coñecer o orzamento da actual reforma exterior, o Skate Park xa suma un
total de 72.365,94 €, máis de 15.000 € por riba do orzamento inicial.
Esquerda Unida solicitou por rexistro que se lles indicase o
custo da actual obra, aínda que son conscientes de que terán que agardar a
recibir a acta da xunta de goberno correspondente, pois xa teñen solicitado
esta mesma información no verán e non se lles facilitou. A maiores Otero e
Domínguez solicitaron tamén o proxecto da reforma e información sobre a
adxudicación da mesma.
Os edís de Esquerda Unida pídenlle ao Alcalde que “deixe de
enganar as veciñas e veciños vendendo melloras cando a realidade é que están
solucionando as obras mal feitas por precipitados”.
ADXUDICACIÓN
|
||
17-12-18
|
Adxudicar o
contrato de obras de “Construción dun parque de Skateboard, BMX e Roller Vert
Wall na Avda. de Beiramar" á empresa DEGALLE CONSTRUCCIONES, S.A. (CIF:
A94140977) por un importe de adxudicación de 47.123,42 € sen IVE e de 57.019,34 € con IVE, coas melloras
estipuladas na súa oferta, consistentes en xardinería e rego, e iluminación,
segundo constan nos pregos de condicións aprobados
|
57.019’34 €
|
PAGOS DA OBRA
|
||
23-04-19
|
Expediente 2068/2018. APROBACIÓN
FACTURA E CERCIFICACIÓN Nº 1
|
28.728’24 €
|
19-08-19
|
Expediente 2068/2018. APROBACIÓN FACTURA E
CERTIFICACIÓN Nº 2
|
20.614’76 €
|
09-09-19
|
Expediente 2068/2018. PROPOSTA APROBACIÓN CERTIFICACIÓN Nº 3 E FINAL E
FACTURA
|
9.386’99 €
|
PAGOS REALIZADOS POLA OBRA
INCREMENTO PAGADO Á EMPRESA SOBRE
ADXUDICACIÓN
|
58.729’99 €
-
57.019’34 €
= 1.710’65 €
|
|
OBRAS A MAIORES
|
||
08-07-19
|
Expediente
943/2019. Contratacións Subministración de columnas e proxectores para
iluminación da pista de skate. (Digamel)
|
3.555’95 €
|
02-09-19
|
Expediente 1553/2019. Contrato menor de obras instalación de rego e axardiñado do entorno
da pista de skateboard na Praza do Corgo
|
9.999’00 €
|
??-??-10
|
Expediente XXX/2019. ????
|
??????? €
|
TOTAL OBRAS A MAIORES
SOBRECOSTE DA OBRA SOBRE A ADXUDICACIÓN
|
13.554’95 €
+ 1.710’65 €
=15.265’60 €
|
Gabinete de Prensa
Esquerda Unida O Grove
Ningún comentario:
Publicar un comentario