xoves, 19 de xullo de 2012

Hoxe, todos á rúa.

MANIFESTACIÓN XOVES 19 DE XULLO
21 HORAS CASA DO MAR DE VILAGARCÍA DE AROUSA

O voceiro  de Esquerda Unida en Vilagarcía Juan Fajardo, manifesta que "cómpre que traballemos conxuntamente para establecer un calendario de loita, contra a estafa dun goberno inútil e sinvergoña".

A agresión é continua. A clase traballadora está a padecer un deterioro inxustificado e galopante dos dereitos adquiridos ao longo de moitos anos e a costa da loita de moitas traballadoras e traballadores.

Esquerda Unida-Os Verdes apoia as mobilizacións en contra dos recortes decretados polo goberno de Rajoy. Unha vez máis e sumadas ás imposicións levadas a cabo polo goberno neoliberal do PP, estas se converten nun ataque aos principios da democracia e distan moito de seren unha saída cara a diante desta crise na que nos vemos involucrados e da que nos queren facer culpables.

Dende Esquerda Unida valoramos moi positivamente que logo de moito tempo as centrais sindicais entendan que a unidade de acción, e a cohesión cos movimentos sociais de toda índole é o unico camiño na loita contra as agresións do capital , por iso creemos definitivo que as centrais sindicais esquezan outras tarefas secundarias  , para volcar todos os seus esforzos na recuperación dos dereitos roubados polo goberno do PP . Consideramos que só coa unión da clase traballadora, da cidadanía, poderemos frear o proceso de deterioro e quebra organizada de dereitos lanzada polo PP para contentar aos especuladores voitres ultraliberais que malgobernan Europa, e que só cobizan desmantelar o carácter público dos servizos básicos esenciais para sometelos ás leis da competitividade e do lucro.

Con todo esto, a Esquerda Unida fai un chamamento á militancia e a toda a xente de esquerdas á participación activa na mobilizacións convocada en Vilagarcía de Arousa  para o vindeiro xoves 19 de xullo.

Ademáis frente a deconfianza de parte da cidadanía nas organizacións sindicais, creemos que esta manifestación debe ser entendida como un punto de encontro de tódos aqueles que creemos necesario tumbar estes recortes, dende calquera opción política de esquerdas ou incluso apartidista, pero recordando que a non participación política reforza as posicións dos que gobernan, e en certo modo validan as decisión tomadas por este goberno ladron contra o pobo que dí representar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario