Desde a agrupación local de Esquerda Unida do Grove, queremos amosar o noso malestar pola cancelación do pleno ordinario correspondente ao mes de marzo por parte do alcalde.
Para EU, a cancelación do pleno non se xustifica con que non houbese mocións presentadas en prazo para incluir na orde do día, pois aínda quedarían os puntos de mocións de urxencia e de rogos e preguntas (sen contar a aprobación de actas anteriores ou a dación de contas dos decretos emitidos pola alcaldía), puntos que por si mesmos poden alcalzar gran importancia para os intereses dos veciños e veciñas, pois é a través dos rogos e preguntas como a oposición controla ao goberno e transmite as peticións que os veciños lles fan, e que poden ser cuestións que se lle tivesen escapado ao goberno, e tal vez signifique a posta en marcha de algunha solución ou iniciativa.
En canto ás mocións de urxencia, o noso concelleiro na corporación local, Xan Lamelas, presentou dúas mocións para ser incluídas na orde do día pola vía de urxencia e debatidas no pleno que se tería que ter realizado este pasado luns, e que terán que agardar a outra ocasión para o seu debate e votación plenaria.
Polo tanto, desde Esquerda Unida pretendemos que unha situación como esta non se volva a repetir, polo ben dos intereses veciñais e do
funcionamento democrático das institucións municipais.
Mocións que pretendía presentar EU:
Ningún comentario:
Publicar un comentario