venres, 16 de xaneiro de 2009

Solidariedade con Palestina

O Colectivo Local da Xuventude Comunista Galega no Grove, xunto con Esquerda Unida e o Partido Comunista, facemos un chamamento a todos os veciños e veciñas do Grove para que acudan á manifestación nacional convocada por diversas organizacións de toda Galiza este domingo 18 en Santiago de Compostela, e que terá asúa saída ás 12 horas desde a Alameda desta cidade.

O Estado de Israel está a desenvolver unha nova masacre en Gaza, violando o Dereito Internacional e Humanitario desenvolvendo unha nova faceta da súa histórica e permanente política de exterminio físico e político do pobo palestino. O Estado terrorista de Israel emprega contra o pobo palestino o xenocidio, o terrorismo de estado, o cerco
(construción do muro, checkpoints…), e o bombardeo da franxa de Gaza.
Neste contexto, o colectivo local da XCG, desenvolveremos unha campaña de boicote aos produtos israelitas, para o que repartiremos listas de produtos producidos nese Estado terrorista, e que se poden identificar polo seu código de barras que comeza coas cifras 729.
Solidariedade co pobo palestino!
Non á guerra!

Ningún comentario:

Publicar un comentario