O portal Cubainformación ubicou, na súa cabeicera, unha lista de números de contas bancarias de diferentes países do mundo, para canalizar a solidariedade material ao pobo cubano, tralo paso dos devastadores furacáns Ike e Gustav. Esta lista actualizaráse diariamente. Para ver este listado, pincha aquí.
O Movemento Internacional de Solidariedade con Cuba e Cubainformación fan un chamado urxente á solidariedade material co pobo cubano, mediante o ingreso de fondos, que irán destinados ás necesidades fundamentais da poboación afectada.
O sistema preventivo e de organización de Defensa Civil de Cuba é cualificado como modélico por numerosas organizacións internacionais vinculadas á redución de desastres e por Nacións Unidas. Máis de 2 millóns e medio de persoas foron evacuadas nesta ocasión. A inusual cifra de 7 vítimas mortais dános a medida do poder devastador do último furacán Ike, que destruíu unha boa parte da agricultura e a infraestructura civil do país e provocou 320.000 derrubes de vivendas.
Máis información en: 94-4151107 e 656410687
Ningún comentario:
Publicar un comentario