ROGOS E PREGUNTAS
📅
26 de xaneiro de 2026
▶
Intervención: minuto 1:10:39
Preguntas realizadas
🔻 Reforma da rúa Hortos
Preguntamos cando se ía iniciar a
obra de reforma desta rúa, iniciativa proposta polo noso grupo con cargo ao
Remanente 2023 e ampliada co Remanente 2024.
🔻 Relación de Postos de Traballo (RPT)
Preguntamos cando se ía convocar a
mesa de negociación para a aplicación da RPT.
🔻 Subida salarial do persoal municipal
Preguntamos se se aplicara a
subida salarial a todos os grupos laborais do Concello.
Rogos e solicitudes
🔻 Extintores do pavillón Monte da Vila
Solicitamos solución á situación
dos extintores do pavillón novo Monte da Vila, que levaban sen revisar dende
abril de 2024 e sen realizar o retimbrado dende abril de 2020.
🔻 Baldosas levantadas nas rúas peonís
Solicitamos unha solución para as
numerosas plaquetas e baldosas levantadas en diferentes rúas peonís, que
estaban provocando accidentes entre os viandantes, especialmente entre persoas
maiores e cativos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario