ROGOS E PREGUNTAS
📅
2 de xuño de 2025
▶
Intervención: minuto 39:33
Preguntas realizadas
🔻 Subida a Meloxo
Preguntamos polo estado do
proxecto de execución desta obra.
🔻 Local do CR Mecos
Preguntamos polo estado do
expediente de denuncia á empresa executora pola paralización das obras.
🔻 Estación de carga da rúa Castelao
Preguntamos polo motivo polo que
se instalaba nun lugar diferente ao aprobado.
🔻 Estación de carga nas proximidades da
Confraría
Preguntamos cando se procedería á
súa instalación.
🔻 Local social de Reboredo
Preguntamos polo estado da
reclamación da garantía da obra.
🔻 Gretas na rúa Alexandre Bóveda
Preguntamos polo estado da
reclamación para a súa reparación.
🔻 Ordenanza de Bo Goberno
Preguntamos cando se modificaría
para incluír as dúas horas sen música nas atraccións de feira.
🔻 Baños públicos detrás da Lonxa
Preguntamos polo motivo polo que
permaneceron pechados durante a Media Maratón.
🔻 Mercado Municipal
Preguntamos cando se licitarían os
locais e bancadas.
🔻 Sancións aos postos do mercado
Preguntamos polos motivos polos
que se alertaba con sancións a uns postos mentres outros permanecían pechados
durante máis tempo.
🔻 Estacionamento nas Pipas
Preguntamos se se habilitaría unha
bolsa de estacionamento nesta zona.
🔻 Centro de Información á Muller
Preguntamos pola situación do servizo tras o traslado da traballadora responsable.
🔻 Museo da Salazón
Preguntamos se abriría durante a
tempada estival e cal sería o seu funcionamento.
Rogos e solicitudes
🔻 Recollida de colectores de pilas
Solicitamos que o concello
xestionase a súa recollida e reciclaxe.
🔻 Fonte pública de Estonllo
Solicitamos a limpeza e adecuación
da zona.
🔻 Reloxo da fachada do Concello
Solicitamos o seu arranxo.
🔻 Cambio de sentido da rúa Conchases
Solicitamos executar esta
modificación para facilitar a mobilidade.
🔻 Fonte da rúa Concepción Arenal
Solicitamos a súa reinstalación.
🔻 Camiño do alto de Pardiños
Solicitamos incluílo no plan de
asfaltados.
🔻 Mercado Municipal
Solicitamos solucións ante o
abandono de postos e os malos cheiros.
🔻 Documentación do mercado
Solicitamos que se nos trasladase
a documentación solicitada por rexistro.
🔻 Sinalización viaria
Solicitamos o pintado de pasos de
peóns e sinalizacións horizontais.
🔻 Parque do Sineiro
Solicitamos unha solución á
proliferación de pulgas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario