Os esquerdistas presentaron alegación aos anuncios de cobro da taxa das bancadas e mercado para o segundo trimestre e á do imposto de vehículos de tracción mecánica, entrada de vehículos e reserva de espazo.
Consideran que nesta situación é preciso exonerar ás propietarias e propietarios dos postos do mercado e retrasar o pago do IVTM e vaos, cuestións que xa solicitaron o pasado 25 de marzo.
Anuncian que apoian as medidas tomadas ata o momento polo goberno municipal, que están a súa disposición e que seguirán realizando propostas económicas e sociais para superar esta situación.
O Grove, 20 de abril de 2020. O Grupo Municipal de Esquerda Unida O Grove
ven de presentar alegacións aos dous anuncios municipais de cobranza da taxas
publicadas a principio de mes no Boletín Oficial da Provincia. Unha corresponde
ao cobramento da taxa de bancadas e mercado no seu segundo trimestre e a outra
relativa á taxa do imposto de vehículos de tracción mecánica, entrada de
vehículos e reserva de espazo.
En
relación á primeira das alegacións, o voceiro de Esquerda Unida, José Antonio
Otero, explica que consideran necesario que o concello suspenda o cobramento da
taxa de bancadas e posto do mercado municipal e exonere ás propietarias e
propietarios dos mesmos do pagamento do segundo trimestre. Entenden os
esquerdistas que este é un trimestre no que as vendas baixaron
considerablemente no mercado municipal debido á Alerta Sanitaria e algúns
postos están pechados dende o decreto emitido polo Estado. Así mesmo, Otero indica que a pesar de que se contempla o fin
da Alerta Sanitaria para o vindeiro 9 de maio, o mercado tardará en recuperar a
súa actividade normal moitos meses polo que esta sería unha pequena medida de
axuda que está ao alcance do concello.
Por
outro lado, dende Esquerda Unida tamén solicitan o aprazamento do pagamento da
taxa de vehículos de tracción mecánica, vaos e reserva de espazo, pois o
concello continuou co calendario fiscal municipal sen atender á situación que
se está a vivir debido á Alerta Sanitaria. O voceiro esquerdista considera que non
é de recibo cobrar esta taxa o día 4 de maio, como está indicado no anuncio,
cando numerosas veciñas e veciños se encontran inmersas nun ERTE e non contarán
cos ingresos correspondentes á metade de marzo e todo abril, como mínimo ata o
10 de maio. Así mesmo indican que son numerosos os negocios e autónomos que
pararon a súa actividade dende o 14 de marzo e non contan con ingresos dende
ese momento, polo que para os esquerdistas sería consecuente que o concello,
cando menos, retrasara o pago desta taxa, como mínimo ata o 1 de xuño.
Por
último José Antonio Otero recorda que o pasado 25 de marzo enviaron un escrito
por rexistro no que solicitaban unha serie de medidas económicas nas que se
atopaba o aprazamento destas taxas e exoneración das mesmas en algúns dos
casos, e que non só non obtiveron resposta a esta solicitude, senón que vén
como se segue aplicando o calendario fiscal do mesmo modo que sempre.
Otero
finaliza indicando que Esquerda Unida apoia e apoiará todas as medidas que se
estiveron e se están tomando en relación ao estado de Alerta Sanitaria dende o
Concello, tanto na limpeza e desinfección de rúas, o traballo desenvolto pola
policía local e emerxencias, as axudas prestadas ás persoas vulnerables dende o
departamento de servizos sociais, axudas a familias para realizar as tarefas educativas...
recordan que están a disposición deste goberno para o que se precise, pero
tamén alerta que seguirán facendo e defendendo propostas económicas, sociais e
laborais para axudar a paliar esta situación no noso concello tanto a curto
como a longo prazo.
Alegación-Solicitude Mercado
Alegación-Solicitude IVTM-Vaos
Alegación-Solicitude Mercado
Alegación-Solicitude IVTM-Vaos
Gabinete de Prensa
Esquerda Unida O Grove
Ningún comentario:
Publicar un comentario