As tres formacións teñen posto en marcha os traballos para dar forma a unha lista unitaria
Confían en chegar aos comicios de maio cunha proposta única que aglutine sensibilidades e dea maior fortaleza aos posicionamentos da esquerda grovense
O Grove, 30 de novembro de 2018.- Esquerda Unida, Podemos e Anova teñen posto en marcha os contactos co obxectivo de dar forma a unha candidatura de unidade para as próximas eleccións municipais. Tras a primeira xuntanza mantida, as tres formacións confían en seguir avanzando na consecución dunha proposta unitaria que aglutine sensibilidades; e que lles permita chegar aos comicios de maio cunha lista de consenso e unha proposta programática capaz de aglutinar sensibilidades e outorgar maior fortaleza aos posicionamentos da esquerda do Grove.
Responsables e militantes de Esquerda Unida, Podemos e Anova no Grove reuníronse nos últimos días, coa ollada posta na conformación dunha candidatura de consenso para as vindeiras eleccións municipais de 2019. Tratouse dun primeiro encontro pensado para levar a cabo un intercambio inicial de opinións e posicionamentos; e que sen dúbida evidenciou a existencia de numerosos aspectos e obxectivos común entre as tres formacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario