EU
opúxose á Ordenanza de Ruídos xa que ocasionará gastos den ata 50 € mensuais aos negocios e preto de 6.000 € ao propio
Concello e non solucionará os problemas de perturbación do descanso dos nosos
veciños ao carecer de medios materiais e físicos para facela cumprir.
COMUNICADO DE PRENSA
O Grove, 30 de
marzo de 2017.-
O pasado luns tivo lugar a sesión plenaria do mes de marzo. Na mesma aprobouse
con maioría simple a Ordenanza Municipal
de Contaminación Acústica cos votos favorables do PSOE (8) e a abstención
do PP (4), mostrando o seu rexeitamento tanto Esquerda Unida (2) como BNG (2).
Dende
o Grupo Municipal de Esquerda Unida indican que están comprometidos co dereito
ao descanso dos veciños do Grove e consideran que un dos deberes deste concello
e rematar cos ruídos e molestias que afectan aos mesmos. Pero, logo de ter
resoltas as dúbidas técnicas tras unha reunión –impulsada polo propio grupo
municipal– coa empresa redactora da ordenanza Virocem Ruidos e tras analizar ao
completo a Ordenanza, os esquerdistas atópanse con varios asuntos que lles
levou a rexeitar a súa aprobación.
Segundo
o seu voceiro, Juan Lamelas, a Ordenanza non axuda a solucionar problemas
puntuais de ruídos, xa que “non é unha cuestión de ordenanza senón de medios
para facer cumprir a mesma, uns medios dos que o concello a día de hoxe non
dispón”.
O
esquerdista indica que “un dos problemas máis graves na perturbación dos
descanso dos nosos veciños dáse polo ruído xerado a raíz da aglomeracións de
persoas as portas dos locais de copas e non polo dos propios locais”. Unha
situación que “non se soluciona coa Ordenanza de ruído, tal e como lles
indicaron os técnicos da empresa ao voceiros dos Grupos Municipais, senón de
orde público” e, segundo Lamelas, “ao carecer de patrulla nocturna de Policía
Local seguirá sen ter solución”. Os esquerdistas tamén detectaron “o
incumprimento absoluto da ordenanza que se atopaba en vigor; non existen os
mapas de ruído esixidos, non se lle obrigou aos locais a cumprir as normas da
ordenanza (unha delas tan simple como a instalación dun cartel avisando das
posibles lesións permanentes no oído ante a exposición prolongada aos niveis
sonoros do interior do local) e outras máis”.
O
voceiro esquerdista denuncia que “para máis inri, este goberno vai privatizar
un novo servizo, pois a pesar de non haber cambios moi substanciosos na nova
ordenanza, será unha empresa privada, por un prezo de uns 500 € mensuais (preto
de 6.000 € anuais), a que fará un seguimento da mesma e vixiará que os negocios
do Grove se adapten e instalen un sonógrafos-rexistradores de ruído”. Un
aparatos que “todos ou a maioría dos negocios do Grove, non só locais de copais
e cafeterías como nos quixeron facer crer na reunión, deben instalar pois o artigo
21.2 da nova Ordenanza indica que <Todas
as actividades que produzan perturbación por ruído, nas que os niveis de ruídos
sexan producidos por máquinas, fontes musicais ou actividades que xeren ruídos,
teñen a obrigación de instalar un sonógrafo-rexistrador segundo as
características do Anexo I.B.7>”. Isto, segundo Lamelas “supón que
aparte dos locais de copas e cafeterías, tamén os talleres, almacéns,
panaderías, tendas de conxelados, restaurantes e calquera pequeno negocio con
unha radio, televisión, neveira ou outro aparato xerador de ruído terán a
obriga de instalar ese aparato que lles suporá un custo de entre 25 e 50 €
mensuais”.
Outra
das cuestións que criticou o voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida é que
a Ordenanza non foi informada aos propietarios dos negocios afectados, xa que
“tras unha pequena enquisa comprobaron que ningún deles tiña constancia de que
se trataba este asunto no pleno e, cando menos, cremos que se tería que ter
enviado unha circular co texto para que estes tivesen coñecemento do
documento”. Así mesmo, o esquerdista entende que os 15 días de marxe que teñen
os negocios para instalar o sonógrafo-rexistrador son “moi escasos, pois en ese
tempo e practicamente imposible que as empresas instaladoras poidan adaptar a
todos os negocios do municipio”.
Por
último, e aínda que non o trasladaron no propio pleno, Lamelas pregúntase se o
Concello “vai poñer a funcionar o Servizo de recollida de lixo en horario de
mañá ou tarde, pois o Artigo 14.5 indica
que <O Concello promoverá que os servizos de limpeza e/ou recollida de lixo
actúen preferentemente durante os períodos diúrno e vespertino. En todo caso, e
especialmente en horario nocturno, adoptaranse as medidas necesarias para a
redución do impacto sonoro, sempre dentro dos valores legais,...>”.
Por
eses motivos, o Grupo Municipal de Esquerda Unida decidiu rexeitar a aprobación
da Ordenanza e anuncian que alegarán a mesma en canto se abra o prazo
pertinente.
Grupo
Municipal de Esquerda Unida
Ningún comentario:
Publicar un comentario