O Grove, 26 de setembro de 2015. Esquerda Unida defenderá no pleno do vindeiro luns a moción contra a Lei 4/2015, de 30 de Marzo, de Protección da Seguridade Cidadá, que fora retirada na sesión do mes de xullo.
Ademais,
os edís de Esquerda Unida levarán a pleno unha serie de rogos e preguntas para
dar solución e coñecer a situación de diferentes problemas existentes no noso
concello. Unhas solicitudes e dúbidas que os veciños trasladaron á agrupación
local.
Deste
modo, os esquerdistas preguntarán pola situación da finca de Beiramar, que o
pasado ano fora alugada polo anterior executivo para aparcadoiro público, si
lle foi renovado o contrato e en que condicións, pois a reserva de espazo para
uso privado viuse aumentado a case a metade da finca. Así mesmo preguntarán por
qué se pechou ao público o acceso ao mesmo dende a rúa Castelao. Juan Lamelas e
José Antonio Otero interesaranse polo estado polas obras de Rosalía, que contemplan a reparación da
fachada do centro pero non a do edificio das vivendas dos mestres que entrañan
un serio perigo tanto para os cativos que utilizan o patio do colexio como para
os veciños que transitan pola rúa Conchases. Por último preguntarán pola
actuación no barrio da Gandariña, onde continúan os problemas de cheiros
procedentes da canalización da Edar, e si o goberno contempla a reparación dos
diferentes parques infantís do concello que se atopan en estado de abandono e
deterioro.
Tanto
Juan Lamelas como José Antonio Otero realizarán tamén unha serie de peticións.
Solicitarán que se repoñan os bancos da explanada do Corgo; que se solucione o
problema existente con unha sinal na zona de Campos, perigosa para os
viandantes; que se instalen papeleiras en diferentes rúas do concello; que se
retiren os vehículos abandonados nas rúas; que se de solución á problemática
existente coa recollida selectiva, pois os colectores de plástico atópanse
cheos en numerosas ocasións provocando que os veciños teñan que depositar as
bolsas na propia rúa; e que se cree un plan de accesibilidade que traballe na
eliminación das numerosas barreiras arquitectónicas existentes no noso
concello.
A
maioría dos rogos e preguntas foron entregados por rexistro esta semana, co
propósito de que no pleno do vindeiro luns o goberno local poida dar resposta a
todos eles.
Pola
mesma vía, a do rexistro municipal, os edís Juan Lameas e Jose Antonio Otero
solicitaron o expediente das obras de Terra de Porto - Estrada do Conde, que
provocou a denuncia dun particular e supostamente se atopa nun proceso de
investigación por parte da Deputación de Pontevedra. Tamén pediron o Plan de
acollida de refuxiados de Siria xa que se anuncia na web municipal pero non se
pode descargar nin acceder a el de ningún modo. Así mesmo, os edís esquerdistas
queren comprobar o expediente de licitación da cafetería da Festa do Marisco e
ao listado completo dos máis de 150 veciños e veciñas que se inscribiron para
participar como voluntarios da Festa do Marisco, co propósito de fiscalizar
tanto o proceso de licitación da cafetería que suscitou polémica ao recaer
nunha persoa vinculada ao PSOE e á súa candidatura, así como o de selección de
persoal que traballará como voluntario na festa no que debería ser prioritaria
a situación socioeconómica e familiar dos demandantes á hora de ser
seleccionados.
Asemblea de Esquerda Unida O Grove
Ningún comentario:
Publicar un comentario