O Grove, 29 de xullo de 2013.- Ante as últimas denuncias sobre as supostas irregularidades no proceso de contratación do personal de socorrismo no noso concello, na que os denunciantes afirman que se contrataron persoas non cualificadas, que non existe unha lista de puntuacións e que na mesa de contratación había unha voluntaria de Protección Civil, o noso concelleiro Juan Lamelas ven de presentar unha solicitude por rexistro na que reclama que nos sexa entregada unha copia do expediente do proceso de selección dos socorristas do presente ano e un informe do secretario sobre a legalidade do mesmo, co propósito de comprobar como se desenrolou o proceso e as irregularidades denunciadas.
Consideramos que este tipo de circunstancias son dadas ao non existir unhas bases de contratación polo que, desde Esquerda Unida, instaremos ao goberno municipal no Pleno de mañá martes a que aprobe unhas bases para a contratación para os diferentes postos de traballo público que o concello oferte, co propósito de evitar calquer tipo de confusións e sospeitas de ilegalidades en futuros procesos de selección de persoal e para posibilitar a transparencia no proceso, algo que de todos xeitos brilla pola súa ausencia.
Por outro lado, debido á confusión creada entre o Servicio Municipal de Emerxencias e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, organismo que se está convertindo nunha rede de clientelismo e servilismo baixo a batuta do concelleiro Alfredo Bea, o noso concelleiro solicitou tamén por rexistro un informe de intervención e secretaría sobre os pagos que o Concello realizou a Protección Civil nos anos 2012 e 2013, para comprobar que se axustan ao orzamento que esta agrupación ten asignada, xa que estamos a observar como Víctor Otero, número dous do PGD de Alfredo Bea e beneficiario económico do Concello por obra e gracia do tripartito, realiza con sospeitosa asiduidade solicitudes de adiantos da subvención asignada a esta Agrupación de Voluntarios, así como para comprobar o destino destes cartos públicos.
Asemblea Local de Esquerda Unida
29 de xullo de 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario