martes, 18 de decembro de 2012

O novo Consello Político Federal de IU votado na súa X Asemblea reelixe por unanimidade a Cayo Lara como coordinador

Cayo Lara foi reelixido, este domingo, coordinador federal de Izquierda Unida coa unanimidade dos 158 novos membros do Consello Político Federal, cuxos compoñentes foron votados previamente polo Plenario da X Asemblea Federal da organización -que se desenvolveu desde o venres en Madrid- a partir dunha lista unitaria fraguada co consenso de todas as sensibilidades que a compoñen.

Lara, no seu discurso tras a designación co que se pechou a Asemblea, destacou o debate político suscitado entre o case mil delegados e delegadas presentes e que del sae unha "Izquierda Unida más cohesionada y más sólida" a partir da cal iniciar o camiño para situarse “como alternativa política y para conquistar el poder necesario para colocar las leyes al servicio de la mayoría social”.

“La IU que sale hoy –dixo- no es la que entró a la Asamblea. Y sólo han pasado tres días. De aquí sale una Izquierda Unida con más participación en lo interno y en lo externo”.
Felicitouse polo feito de que “ya nadie va a hablar de ‘izquierda hundida’” e arengou á militancia e os simpatizantes da organización a “conquistar el cerebro y el corazón de la gente para crecer”.

Con anterioridade á reelección de Lara votouse a composición do 70% do novo Consello Político. A lista unitaria tivo o respaldo de 790 votos dos delegados e delegadas presentes; outros 89 votaron en branco e 52 votos foron nulos. Por tanto, a candidatura tivo o respaldo maioritario do 84,85% dos 931 delegados que votaron finalmente.

O inicio do discurso político de Cayo Lara estivo precedido do berro de ‘o pobo unido xamais será vencido’ da inmensa maioría dos presentes. “Estoy hecho un flan”, recoñeceu o coordinador federal mentres lle rodeaban todos os membros do recentemente elixido máximo órgano de dirección. Do mesmo xeito, quixo agradecer o esforzo polo traballo de organización mostrado durante a reunión de todo o fin de semana, por unha banda, e o de todas as sensibilidades políticas que conforman IU “por el esfuerzo que han hecho para llegar a un entendimiento”, o mesmo que posibilita ofrecer unha “mensaje de unidad y esperanza a la sociedad española”.

“Estoy orgulloso de pertenecer a IU”, indicou como declaración de principios para unha formación que "nunca más va a esconder sus banderas, con respeto hacia las de los demás” fronte ás “políticas neoliberales, al secuestro de nuestra democracia, la violación de la Constitución, las políticas de los gobiernos serviles que se arrodillan frente al poder del capital, al expolio de derechos a la sociedad”..

Anunciou, aínda que todos os presentes xa o sabían e comparte, que Izquierda Unida seguirá apoiando todas as mobilizacións que se convoquen contra os recortes que trata de impor o Goberno de Mariano Rajoy, porque “no es posible que tanta gente pueda estar equivocada. Los que se equivocan son otros y a esos es a los que hay que combatir para quitarles el poder”.

“No somos todos iguales. Unos recortan y otros están frente a ello; unos están desahuciando y otros están con los desahuciados; unos modifican la Constitución sin consultar a la sociedad y otros están con una Constitución garantista; unos están con el ladrillo y la especulación, y otros han estado con el alcalde de Seseña contra la corrupción urbanística”, enumerou.

Lara non só puxo a vista no noso país e na “responsabilidad” necesaria para facer fronte a estes retos senón que apostou tamén por xerar unha “alternativa europea” para frear o “ataque global de los mercados a todos los derechos”.

Indicou que “queremos una Europa social y no de especuladores financieros. Vamos a fortalecer la izquierda alternativa europea”, propuxo.

Indicou tamén que “hay alternativa al déficit, a la deuda, al fraude fiscal, a los desahucios, a la reforma laboral”. Neste punto, fixo un alto para pór como exemplo ao ex presidente da CEOE Gerardo Díaz Ferrán, en prisión acusado dunha ampla variedade de delitos económicos labores presuntamente durante a xestión das súas empresas, do que lembrou que reclamara “trabajar más y cobrar menos. A estos hay que decirles que hay que robar menos y trabajar más”.

Mentres, a Cristóbal Montoro, ministro de Facenda e Administracións Públicas, tras o anuncio feito o xoves de que podería facer pública unha lista cos maiores defraudadores do país, instoulle a que en lugar de publicar listas, “vaya a la Fiscalía y las denuncie allí. No hay que rescatar al país sino perseguir a los delincuentes de ‘cuello blanco’”.

(Na foto, de José Camó, Cayo Lara tras a súa reelección acompañado polos membros do novo Consello Político Federal)
FONTE: Izquierda Unida
LEER NOTICIA NO SEU CONTEXTO ORIXINAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario