domingo, 21 de decembro de 2008

Fondo Estatal de Investimento Local

No día de onte, reuniuse a asemblea local de Esquerda Unida do Grove coa finalidade de tratar diversos asuntos, entre os que destacou o debate sobre a proposta que trasladará Xan Lamelas ao grupo de goberno sobre o Fondo Estatal de Inversión local, que destinará a O Grove perto de 2 millóns de euros.

Para Esquerda Unida, na actual situación de crise capitalista, son os traballadores asalariados e pequenos autónomos quen sufrirán en maior medida as causas desta crise, e consideramos medidas como este fondo como parches cos que o goberno Zapatero pretende amainar o temporal, sen ir realmente ás cuestións de fondo que afectan ao sistema e que conlevarían medidas de maior calado.
Sen embargo para Esquerda Unida propoñemos que estes fondos, se utilicen realmente para crear emprego e economía produtiva. O debate na asemblea local circulou arredor desta cuestión, e a agrupación acordou propoñer que se utilicen parte destes cartos do Estado en avanzar cara a realización do polígono industrial da Siradella, como medida de futuro e de asentamento de emprego industrial e economía productiva. Asimesmo, o resto de cartos deste fondo, á hora de contratar as diversas obras que se acorden, unha das medidas a ter en conta será a cantidade de man de obra que conleven estas actuacións, primando ás que maior número de contratacións supoñan (esixindo por exemplo un 70% en man de obra do total do custo), como medida para reducir as listas do paro, á vez que se buscará o impacto positivo das actuacións nos barrios que sexan obxectivo das mesmas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario