mércores, 30 de xullo de 2008

Aprobadas as mocións en contra das 65 horas semanais e de modificación do regulamento do CLX

O Pleno do mes de xullo, celebrado o pasado día 28, aprobou por unanimidade as mocións defendidas polo concelleiro de Esquerda Unida Xan Lamelas, entre outros puntos da orde do día, sobre os que destaca a aprobación do anteproxecto de colectores da Estación Depuradora de Augas Residuais.
A primeira moción defendida por Lamelas neste Pleno foi a relativa á modificación do Regulamento do Consello Local da Xuventude, proposta da Xuventude Comunista no CLX e aprobada por unanimidade no mesmo. Seguidamente, foi aprovada a moción sobre a directiva de tempo de traballo, tamén por unanimidade. Cabe destacar que esta moción, a cal non tivo debate, foi consensuada previamente por Lamelas con BNG e PP, quen tamén tiñan preparadas mocións sobre o mesmo tema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario