«¿Qué sería deste mundo sen militantes?, ¿Cómo sería a condición humana se non houbese militantes? Non porque os/as militantes sexan perfectos/as, porque teñan sempre a razón, porque sexan super-homes/mulleres e non se equivoquen… Non, non é iso. É que os/as militantes non veñen a buscala súa, veñen a deixar a alma por un puñado de soños. Porque, ao fin e ao cabo, o progreso da condición humana require, inapelablemente, que exista xente que se sinta no fondo feliz en gastar a súa vida ao servizo do progreso humano. Porque ser militante non é cargar cunha cruz de sacrificio, é vivir a gloria interior de loitar pola liberdade no sentido transcendente.»
Pepe Mújica Cordano, expresidente da República de Uruguay
En Esquerda Unida existen dous niveis de militancia distintos: simpatizante y afiliada ou afiliado.
Simpatizantes
Como simpatizante
terás dereito a acceder á información sobre as actividades, posicionamentos e
propostas de Esquerda Unida, así como a participar nas reunións que
sexan convocadas e nas áreas de elaboración colectiva, redes de activistas e asembleas
abertas. Ademais, tamén poderás votar nalgúns procesos internos da
organización, como por exemplo nas primarias para confeccionar as listas
electorais ou nos referendums para decidir a política de alianzas electorais.
O listado completo de dereitos e deberes do/a simpatizante está descrito no artigo
31 dos Estatutos de Izquierda Unida.
A condición de
simpatizante require ser maior de 16 años e non conleva ningún gasto económico
en forma de cota de afiliación. Se queres facerte
simpatizante, podes facelo acercándote á sede local (Rúa Luís Casais, 11,
baixo, os mércores de 21 a 23 horas), enviar un Whatsapp ao 622 308
572, un correo electrónico á dirección eu-ogrove@esquerdaunida.org, ou
realizar a solicitude de maneira online cubrindo o formulario que aquí
enlazamos:
>>
FORMULARIO DE ALTA COMO SIMPATIZANTE DE EU <<
Se queres realizar
algunha consulta, non dubides en enviarnos un Whatsapp ao 622 308 572 ou
escribirnos a e-mail eu-ogrove@esquerdaunida.org
Afiliadas
e Afiliados
A afiliación outorga
un nivel de participación plena en Esquerda Unida e Izquierda Unida, adquirindo un compromiso de actividade
na organización axustado á túa vontade, posibilidades e dispoñibilidade. O
listado completo de dereitos e deberes das afiliadas e dos afiliados está
descrito no artigo 13 dos Estatutos de Izquierda Unida.
Non se aceptará a
afiliación en Esquerda Unida a aquelas
persoas que de maneira probada:
- Teñan posicións públicas de defensa do modelo capitalista.
- Manifestaran estar a favor ou formaran parte de accións de violencia machista ou de agresións ao medio ambiente.
- Adopten actitudes contrarias ao respecto polas diferencias persoais, sexan na súa vertente racial, física, cultural, relixiosa, de opción sexual ou de identidade de xénero.
- Practiquen o maltrato animal.
A condición de afiliada o afiliado require ser maior de idade e conleva un gasto económico en forma de cota de afiliación. Se queres afiliarte, podes facelo acercándote á sede local (Rúa Luís Casais, 11, baixo, os mércores de 21 a 23 horas), enviar un Whatsapp ao 622 308 572, un correo electrónico á dirección eu-ogrove@esquerdaunida.org, ou realizar a solicitude de maneira online cubrindo o formulario que aquí enlazamos:
>> FORMULARIO DE ALTA COMO AFILIADA OU AFILIADO DE EU <<
Tamén podes
descargar a ficha de afiliación que atoparás debaixo deste texto, cubrila,
asinala e:
- Entregala na sede local.
- Enviala por Whatsapp.
- Enviala por E-mail
Ningún comentario:
Publicar un comentario