Os concelleiros do grupo
municipal de Esquerda Unida trasladáronlle ao alcalde José A. Cacabelos as
propostas da asemblea para incorporar nos orzamentos municipais do 2016.
Foto Todogrove.com |
O Grove, 18 de febreiro de 2016.- Os
concelleiros do grupo municipal de Esquerda Unida, Juan Lamelas e José Antonio
Otero, reuníronse co alcalde do Grove, José A. Cacabelos, na rolda de contactos
que este está a realizar para conquerir os apoios necesarios para a aprobación
dos orzamentos municipais para o vixente ano 2016.
Nesta
xuntanza, realizada na casa consistorial e sen presenza de outros grupos (o
goberno optou desta volta por reunirse por separado cos distintos grupos), os
representantes da esquerda no Concello recibiron as explicacións sobre as
modificacións que xa ten sufrido o borrador que lles foi facilitado, sobre todo
no tocante ao relacionado co persoal municipal, para a continuación expoñer as
propostas que desde Esquerda Unida consideran necesarias incorporar ao
documento para obter o voto favorable para a súa aprobación en pleno.
As
propostas, debatidas pola asemblea local de EU, foron realizadas tanto no
apartado de gastos como no de ingresos. No tocante a estes últimos, desde a
agrupación de esquerdas preguntaron polas fontes de financiamento conqueridas
ou negociadas polo goberno municipal para sufragar os gastos en diferentes
servizos e inversións, como as emerxencias municipais, plan de obras da
Deputación Provincial ou plans de emprego. Así mesmo, trasladaron ao alcalde a
necesidade de baixar as dietas por
asistencias a plenos, xuntas de goberno e comisións (EU votou en contra o
ano pasado cando Cacabelos propuxo a suba) e a condición de negociar a modificación das taxas e
impostos municipais baixo os eixos da moción presentada polos esquerdistas
en pleno e rexeitada cos votos en contra do PP e a abstención do goberno.
Partidas
de obras para A Graña, a rúa do Curruncho e a pista do Monte das Flores, a
posta en marcha e negociación dunha RPT ou a contratación dun técnico municipal de turismo son
algunhas das propostas que o goberno deberá ter en conta se queren o apoio de
EU aos orzamentos. Destaca a proposta de eliminar
a figura dos voluntarios da Festa do Marisco, e transformalos en persoal laboral
eventual, proposta que ven sendo defendida por Esquerda Unida desde hai
anos.
Outras
propostas, para as cales xa se conta co financiamento adecuada, serían a
dotación de persoal para a grúa municipal e a municipalización do servizo de atención a domicilio, agora mesmo
xestionado de xeito privado, caducando a concesión este ano 2016.
Fora
dos orzamentos, pero que desde Esquerda Unida queren incluír como elemento na
negociación, está a creación dunhas
bases de contratación para todo o persoal do Concello, tal e como
propuxeron en disintas ocasións, a última no pleno do mes de xaneiro.
Todo
está aberto nestas negociacións, pois segundo os concelleiros de EU “algunhas propostas foron ben recibidas, pero
dubidamos que vaian querer aceptar algunhas outras” de todos os xeitos “quedamos en que nos comunicarían as
impresións do goberno nos vindeiros días”.
Prensa:
Prensa:
EU propone rebajar las
dietas de los políticos y contratar un técnico de turismo [Sen formato online]
Ningún comentario:
Publicar un comentario