FOTODENUNCIA EU



19 de agosto de 2019
🗣️A veciñanza da Rúa Entrehortas advierte do perigo que supón o paso de vehículos que superan as medidas da rúa.
🚛 Reclaman se instale un sinal indicando as medidas máximas da vía para evitar continuos danos nas vivendas.


15 de agosto de 2019
🛴O pasado 13 de xullo o Concello do Grove inauguraba a pista de skate da Praza do Corgo. 
🤔Un mes despois a veciñanza prengúntase; se está inaugurada por que semella estar en obras

13 de agosto de 2019
🛎️#fotodenuncia de hoxe adicámolo a dous dos lugares máis visitados do Grove. 
📸Esta é unha pequena mostra do que se poden atopar os turistas na nosa localidade.

13 de agosto de 2019
#fotodenuncia SOLUCIONADA‼️ 🙌 
✍️O 18 de xullo insistiamos no estado de abandono das rúas do barrio de Meloxo.
 A veciñanza agradece poder camiñar polas súas rúas libres de maleza.

12 de agosto de 2019
🌧As choivas dos últimos días provocaron unha balsa de auga de grandes dimensións na rúa Irmáns Otero Goday que inhabilitou o paso de peóns e o lugar de estacionamento.
🗣 Os veciños do lugar e os usuarios da Casa da Terceira Idade solicitan con urxencia a limpeza da canalización que permita á auga da choiva chegar ao mar.

12 de agosto de 2019
👎Os hostaleiros trasládannos o seu malestar pola falta de previsión que a semana pasada provocaba o desbordamento dos colectores do vidro do centro do pobo. 
🚮♻️A chegada do verán e o aumento da actividade turística obrigan a reforzar os servicios de limpeza e a recollida de vidro, sobre todo nas rúas onde se concentran en maior número os establecementos de hostalería.

11 de agosto de 2019
💁‍♀️💁‍♂️A veciñanza pregúntase que pasou cos bancos da explanada do Corgo Por que ninguén os devolve ao seu lugar
😳Os unicos 3 bancos que quedaban nesa explanada foron desprazados a outra zona próxima deixando aos habituais usuarios sen o seu asento. 
📍A colocación de bancos nesta zona é unha solicitude que Esquerda Unida fixo en repetidas ocasións nos últimos anos. Agora xa non é quen non se poñan máis bancos, senón que se permite quitar os poucos que quedaban.


8 de agosto de 2019
 #fotodenuncia do 5 de xullo SOLUCIONADA‼️
🙌Nada nos alegra máis que ver aos usuarios do parque da Praza do Corgo xogar seguros despois dun mes de espera☺️.


7 de agosto de 2019
🌡Nos meses de verán☀️ o acceso á auga é moi importante, sobre todo para os máis pequenos e os maiores🚰
⛲️No Grove hai fontes repartidas polos lugares máis transitados, A veciñanza pregunta para que vale unha fonte sen auga?


6 de agosto de 2019
🚧No día de onte, usuarios da praia da Lavaxeira atopáronse co acceso👣á mesma pechado.
🙄Non é normal que en pleno agosto se realicen este tipo de tarefas nos accesos ás praias, 👨‍💼isto atende unicamente a unha falta de previsión deste goberno que non deixa de ser o mesmo que no anterior mandato.
Sempre poden botarlle a culpa á herdanza recibida🥳

1 de agosto de 2019
📄Recuperamos un rogo presentado no pleno do 28 de Xullo do 2016 solicitando que se adecuara o estanque de Beiramar
📣Xa que non foi atendido polo goberno anterior👎, queremos recuperalo para que o teña presente o novo goberno☝️


30 de xullo de 2019
🚧A veciñanza trasládanos a súa preocupación polo estado do acceso ao centro de saúde.
🏥Subir andando ao centro de saúde sempre foi unha proba de fondo. Pero dende hai unhas semanas converteuse tamén nunha carreira de obstáculos, dificultando a subida aos máis maiores e ás persoas con dificultades para camiñar.

26 de xullo de 2019
⚠️Os parques do Grove necesitan mantemento urxente 👩‍🔧🔧
🚨Este é o estado no que se atopa o parque de Terra de Porto😳
O 5 de xullo adicamos un #fotodenuncia ao parque da Praza do Corgo, que non se arranxou e continúa empeorando o seu estado😤👎


18 de xullo de 2019
🚨Hoxe no #fotodenuncia é a quenda do barrio de Meloxo! Os veciños e veciñas insinten nunha situación realmente preocupante polo estado de abandono no que se atopa este barrio do Grove.
🕵️‍♀️A petición de Esquerda Unida O Grove, fixéronse obras de asfaltado no ano 2016, pero semella que dende o concello nunca máis se preocuparon do estado das rúas nin das necesidades da veciñanza.


18 de xullo de 2019
👌O Lugar de Hortos xa se ve moito mellor despois de que se limpasen as beirarrúas da zona como reclamaba a veciñanza.
Agora solo queda que a Concellería de Medio Ambiente faga efectivas as duras medidas, que anunciou en prensa a principios de xullo, ante os vertidos indiscriminados de basura.


11 de xullo de 2019
📸⚠️Esta vez as fotografías son da Rúa Hortos onde a vexetación ten unha altura considerable e a beirarrúa pasa a converterse en vertedoiro improvisado😳

9 de xullo de 2019
☝️Este é o estado das beirarrúas no Lugar de Campos.
📸A maleza invade o espazo destinado aos peóns. A veciñanza desta zona, cansada desta situación, decidiu enviarnos estas fotografías.

9 de xullo de 2019
🙌Seguimos coa campaña de limpeza!!! 
📸Estas fotografías fáinolas chegar unha veciña de San Vicente descontenta co estado no que se atopan o parque e os arredores da Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder.

6 de xullo de 2019
📌 Continúan chegando, ás redes sociais de Esquerda Unida, fotos dos veciños solicitando a intervención dos servizos de limpeza. 
📸Esta fotografía fíxose na Rúa do Conde, a maleza case cubre toda a superficie de paso dos viandantes.

6 de xullo de 2019
☝️Esta semana trasladábamos ao concello unha queixa dos veciños molestos coa maleza nos arredores do colexio Valle Inclán
👌Hoxe puidemos verificar que a queixa foi escoitada.

5 de xullo de 2019
📷 Unha usuaria do parque infantil do Corgo achéganos estas imaxes onde se pode ollar que un dos seus elementos de xogo está roto. Entre unha imaxe e outra hai 15 días de diferenza, o que demostra que dende o concello non están a solucionar o problema, nin se toman as precaucións precisas para evitar incidentes.
👨‍🔧 Dende Esquerda Unida temos insistido na necesidade dun plan de mantemento continuo nos parques infantís, que procuren repoñer e/ou arranxar os elementos de xogo que se atopen deteriorados ou rotos. Por ese motivo, instamos á concellería delegada para que solucione o problema do parque Infantil do Corgo e, ante o aumento do uso dos parques nestas épocas, se faga unha revisión continua de todos os do Concello.

3 de xullo de 2019
⚠️ Este é o estado no que se atopa o acceso ao colexio Valle-Inclán por onde, estes meses de xullo e agosto, transitarán cada día numerosos rapaces e rapazas para dirixirse ao Campamento de Verán do Concello do Grove que se desenrola no centro educativo. 
👨‍👨‍👧‍👦Varios pais e nais transmitíronnos as súas queixas sobre esta situación e dende Esquerda Unida xa o puxemos en coñecemento do concelleiro delegado para que se solucione o máis axiña posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario