Cayo Lara foi reelixido, este domingo, coordinador federal de Izquierda Unida coa
unanimidade dos 158 novos membros do Consello Político Federal, cuxos
compoñentes foron votados previamente polo Plenario da X Asemblea
Federal da organización -que se desenvolveu desde o venres en Madrid- a
partir dunha lista unitaria fraguada co consenso de todas as
sensibilidades que a compoñen.
18 decembro 2012
15 decembro 2012
PRENSA: Esquerda Unida pide al alcalde que convoque el Consello Local de Turismo
12-12-12. DIARIO DE AROUSA
Esquerda Unida pide al alcalde que convoque el Consello Local de Turismo
TERESA MIÑÁN. O GROVE
Ante la polémica surgida en relación ocn las Jornadas de Exaltación de la Centolla después de que el alcalde de O Grove, Miguel Ángel Pérez, reprochase a los hosteleros su falta de implicación, desde Esquerda Unida piden al regidor meco que convoque el Consello Local de Turismo, ya que entienden que es el órgano en el que se deben debatir estas cuestiones.
PRENSA: EU y BNG exigen que el gobierno local cuente con ellos para elaborar el Presupuesto
12-12-12. DIARIO DE AROUSA:
TERESA MIÑÁN. O GROVE
EU y BNG exigen que el gobierno local cuente con ellos para elaborar el Presupuesto
TERESA MIÑÁN. O GROVE
Los grupos de la oposición han mostrado su malestar porque a punto de finalizar el año todavía no saben nada sobre el Presupuesto de 2013, un documento de vital importancia, ya que en él se verá reflejado el Plan de Ajuste al que se debe someter el Concello después de acogerse al plan de pago a proveedores ofrecido por el gobierno central hace unos meses.
28 novembro 2012
AGE presenta unha Proposición Non de Lei para rematar cos desafiuzamentos no noso País
O grupo parlamentario asegura que a dramática situación
actual impón a esixencia de desenvolver as oportunas actuacións públicas
O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega
de Esquerda presentou esta mañá unha Proposición Non de Lei para evitar que
continúe a vaga de desafiuzamentos e as súas dramáticas e mortais consecuencias
no noso país.
Os membros do Grupo Parlamentar consideran
intolerábel a situación social que se vive no noso País, resultado da vaga de
desafiuzamentos que enchen a cotidianeidade dramática das familias
traballadoras. Esta situación imponnos a esixencia de desenvolver as oportunas
actuacións públicas para evitar unha problemática inxusta que está a causar
alarma social, pobreza e marxinalidade, e mesmo mortes. Os datos semellan un
berro elocuente encol dunha realidade que antepón o lucro privado aos dereitos
recollidos na Constitución e no Estatuto.
27 novembro 2012
O 27N: o sector lácteo responde!
Hoxe martes 27 comeza a folga indefinida no sector lácteo en Galiza. Esta folga gandeira pretende responder aos ataques continuos que está recibindo o sector, e que van máis alá dos recortes ou a crise actual.
O sistema capitalista pretende desde hai anos desmantelar este sector, do que dependen máis de 50.000 persoas e que ten un importante peso na economía galega, sobre todo nas provincias de Lugo e A Coruña.
As PAC, os recortes orzamentarios (tanto desde a Xunta, como desde o Goberno central e a Unión Europea), as cada vez máis precarias condicións dos e das gandeiras, como así foron impostas co último real decreto, abocan ao sector e á mocidade do rural que depende do mesmo a un futuro incerto.
O sector gandeiro galego en loita contra o seu exterminio
Comunicado e propostas da XCG e o PCG ante a situación do Sector Lácteo na Galiza
O pasado 28 de agosto reuniuse a Mesa do Sector Lácteo (composta por Industria, produtores e distribución), presidida polo ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete. As principais esixencias dos sindicatos eran establecer un prezo digno do leite por riba dos custos de produción, así como a regularización dos contratos entre gandeiros/as e empresas do sector, cunha duración mínima dun ano. Tamén se falou da Política Agraria Común (PAC) e do Plan Europa 2014-2020, que inflúen directamente no sector.
23 novembro 2012
Manifesto Esquerda Unida 25 de Novembro
25 de novembro de 2012
Día Internacional conta a Violencia cara ás mulleres
Recortar en políticas de Igualdade é afondar na Violencia conta as
Mulleres
22 novembro 2012
Esquerda Unida non pedirá a comparecencia de Bea nun pleno extraordinario
A agrupación local de Esquerda Unida rexeita a petición do PGD para solicitar a comparecencia do seu concelleiro e responsable de Seguridade Cidadá, Alfredo Bea, nun pleno extraordinario de "urxencias", para "aclarar e mostrar toda a información" sobre a polémica coa Policía Local. En declaracións aos medios de comunicación, Xam Lamelas, tachou a proposta de "manobra para darse autobombo ante unha situación que se lle escapa das mans" e indicou que "non pensamos participar neste paripé"
21 novembro 2012
PRENSA: Taboada renunciará en el Pleno de la semana que viene a su acta de concejal
DIARIO DE AROUSA:
Taboada renunciará en el Pleno de la semana que viene
a su acta de concejal
T.M. O GROVE
El
actual edil de Esquerda Unida de O Grove, José Antonio Taboada, renunciará en
el Pleno de la semana que viene a su acta de concejal. Este será el primer
punto del orden del día de la sesión, por lo que el edil no estará presente
en el debate de las demás cuestiones que se incluyen dentro de la lista de
asuntos a tratar.
20 novembro 2012
Apoio ao pobo palestino
Dende
Esquerda Unida condenamos as matanzas que o goberno de Netanyahu está a
facer contra a poboación civil Palestina na Franxa de Gaza.
Esquerda Unida denuncia o comportamento criminal do goberno israelí sobre o pobo palestino,
nestes días xa ronda o cento de persoas mortas, e as cifras seguen en
aumento, a inmensa maioría son palestinas. A vaga de crispación e
violencia continúa castigando despois de máis de 40 anos ao pobo
palestino.
17 novembro 2012
Esquerda Unida denuncia o abuso de horas extra no servizo de guindastre municipal
O Concello do Grove, que en datas anteriores
afirmara non ter ingresos suficientes para horas extras en determinado servizo,
incumpre o convenio colectivo do propio concello e o Estatuto dos Traballadores
no respecto do abuso de horas extras. O traballador a cargo da condución do
guindastre acumula, segundo actas da propia Xunta de Goberno Local, soamente
ata o mes de agosto 89 horas extraordinarias, incumprindo o convenio colectivo
(que marca un máximo de 7 horas mensuais ou 70 anuais) e o Estatuto dos Traballadores
(que determina un máximo de 8 horas mensuais ou 80 anuais, debendo crearse unha
nova praza en caso de superarse estes límites) a pesares de seren advertidos
tanto pola intervención como pola secretaría do concello.
15 novembro 2012
EU denuncia irregularidades na Escola de Música municipal
Dende
Esquerda Unida queremos denunciar o que consideramos unha serie de
irregularidades graves na contratación da persoa/empresa que se fará
cargo da Escola de Música municipal durante os dous vindeiros anos.
Cortexo cívico ao Parlamento de Galicia
Mañá constitúese o
Parlamento da Galicia. Os nosos deputados e deputadas irán camiñando
dende a Praza de Galicia ao Parlamento acompañados por un cortexo cívico
coa xente que queira sumarse. Todos so cidadáns que desexen sumarse ao cortexo xunto aos nosos parlamentarios deberán estar mañá venres 16 de novembro ás 10 da mañá na Praza de Galicia de Santiago de Compostela. O pobo puxo a AGE no Parlamento e o pobo é quen a leva
alá.
13 novembro 2012
Esquerda Unida fai un chamamento á participación activa na folga. O 14N imos paralo todo.
É tempo de mudar este xeito inhumano de facer política, dende a rúa
podemos forzar o cambio, a folla de ruta da dereita nos conduce a que xa
máis de 3.000 familias foron desafiuzadas en Galicia no primeiro
semestre do ano,consecuencia dunha especulación consentida tanto polo
PSOE coma polo PP, e xa son máis de 400.000 familias desafiuzadas en
todo o estado. Resulta hipócrita que agora o PP e o PSOE decidan
consideralas vítimas e non antes, cando o drama xa existía e
organizacións como Stop desafiuzamentos, e a Esquerda Plural no Congreso
dos Deputados, presentaron medidas concretas para impedir o que hoxe
acontece.
08 novembro 2012
Xan Lamelas vuelve a la primera línea de la política local con “forza e ilusión”
DIARIO DE AROUSA | TERESA MIÑÁN - O GROVE
Xan Lamelas volverá próximamente a
la primera línea de la política local meca en cuanto el Pleno acepte la
renuncia de José Antonio Taboada como representante de Esquerda Unida
en la Corporación grovense. Y lo hace con “forza e ilusión” y con ganas
de afrontar con más intensidad el trabajo desde la oposición para
intentar luchar contra lo que denomina como una manera “improvisada” de
gobernar por parte del tripartito.
06 novembro 2012
José Antonio Taboada "Neno" renuncia á acta de concelleiro
José Antonio Taboada "Neno", o único concelleiro desta agrupación na corporación grovense, ven de anunciar a renuncia a súa acta por motivo persoais. O posto deixado por Taboada será suplido polo número 2 da candidatura e ex concelleiro na lexislatura 2007-2011, Xam Lamelas Alfonso. A decisión foi respaldada pola Asemblea e a candidatura na xuntanza do luns.
22 outubro 2012
19 outubro 2012
Alternativa Galega pecha a campaña no Grove co apoio de varios ex-concelleiros
No último acto
da campaña electoral antes de que a vila se mergulle na xornada de
reflexión, a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE) recibiu ante
máis de cen persoas na Casa da Cultura o apoio dun feixe de
ex-concelleiros grovenses, nun acto que contou coas intervencións do
grovense Xan Lamelas e dos candidatos ao Parlamento Bernarda Rubianes e
Juan Fajardo.
17 outubro 2012
10 outubro 2012
08 outubro 2012
A visita de Cayo Lara ao Grove na Prensa
A prensa faise eco da visita do Coordinador Federal de Izquierda Unida, Cayo Lara, a O Grove no Acto Público organizado por Esquerda Unida e ao que tamén asistiron Yolanda Díaz (Coordinadora Nacional de EU e número 2 pola Coruña de AGE) e Juan Fajardo (Cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda por Pontevedra).
Resumo do Acto Público do Grove con Cayo Lara
Este domingo, unha ateigada Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey do Grove acolleu un Acto Público de Esquerda Unida que contou coa presenza do Coordinador Federal de IU, Cayo Lara; a Coordinadora Nacional de EU e número 2 de Alternativa Galega de Esquerda pola Coruña, Yolanda Díaz; e o concelleiro de Vilagarcía e cabeza de lista ao Parlamento galego de Alternativa Galega de Esquerda por Pontevedra, Juan M. Fajardo.
Ofrecémosvos un pequeno resumo das súas intervencións publicadas polo twitter de @EsquerdaUnida
Proximamente publicaremos o video das intervencións.
07 outubro 2012
06 outubro 2012
Acto Público no Grove con Cayo Lara
ACTO PÚBLICO DE ESQUERDA UNIDA
DOMINGO 7 ÁS 18.00 HORAS
CASA DA CULTURA MANUEL LUEIRO REY
(O GROVE)
04 outubro 2012
Sobre a selección de persoal na Festa do Marisco
Desde Esquerda Unida
queremos amosar o noso malestar co sistema de selección de persoal para a Festa
do Marisco o cal está a levantar polémica estos días. Foron numerosas as
ocasións nas que desde a nosa organización, a través do noso concelleiro José
Antonio Taboada, demandamos un cambio no sistema de selección de persoal, así
como mudar o sistema de voluntariado por contratación.
21 setembro 2012
Excluyen a la oposición del proceso de adjudicación de los puestos del Marisco
DIARIO DE AROUSA | 20-09-12
Teresa Miñán - O Grove
El portavoz de Esquerda Unida, José Antonio Taboada, explicó en la jornada de ayer que no fue convocado a la última mesa de contratación para la adjudicación de los puestos de la Festa do Marisco. En ese encuentro se decidió estimar parcialmente el recurso presentado por una de las personas que optaban a la explotación del puesto del arroz, atendiendo a un informe elaborado por los técnicos de la Diputación. Como consecuencia, el ente local retiró la adjudicación que había concedido a una comunidad de bienes para dársela a la persona que inicialmente había quedado en un segundo lugar.
Teresa Miñán - O Grove
El portavoz de Esquerda Unida, José Antonio Taboada, explicó en la jornada de ayer que no fue convocado a la última mesa de contratación para la adjudicación de los puestos de la Festa do Marisco. En ese encuentro se decidió estimar parcialmente el recurso presentado por una de las personas que optaban a la explotación del puesto del arroz, atendiendo a un informe elaborado por los técnicos de la Diputación. Como consecuencia, el ente local retiró la adjudicación que había concedido a una comunidad de bienes para dársela a la persona que inicialmente había quedado en un segundo lugar.
04 setembro 2012
01 setembro 2012
EU ve no conflito coa Policía unha mostra do “despotismo” do Goberno local
Nestos últimos días estamos a observar a través dos medios de comunicación declaracións do
goberno municipal do Grove nas que se realizan acusacións graves contra a plantilla de axentes
municipais. Están sendo acusados estos axentes de prevaricación por parte do concelleiro de
Seguridade Cidadá o señor Bea García, responsable do funcionamento deste servizo, tarefa para a
cal conta coa axuda inestimable do número dous da lista do seu partido como asesor contratado e co
apoio imprescindible do Alcalde. Mais non o fai nos xulgados, senón a través da prensa. Deberá ser
que non ten probas o señor concelleiro de tal acusación, polo que estaría incurrindo nun delito de
inxurias, e de telas e non denunciar ante a Xustiza, estaría sendo cómplice de dita prevaricación.
Parece que se lle vai das mans o problema ao goberno.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










