⚠️A veciñanza da Rúa Xesteiriña trasládanos a súa preocupación polo estado da calzada. O tránsito de vehículos pesados🚛 e a falta de mantemento do pavimento supón un risco para as persoas🚸 e os vehículos que transitan pola zona.
venres, 31 de xaneiro de 2020
luns, 20 de xaneiro de 2020
Foto Denuncia EU - Barreira arquitectónica na Avda. Portugal
♿️Para que as beirarrúas sexan accesibles a tódalas persoas deben ser eliminadas as barreiras arquitectónicas.
📢A veciñanza da Avenida de Portugal leva tempo solicitando unha solución para unha das marxes da rúa, xa que a altura do bordo dificulta o paso das persoas con problemas de movilidade ou de maior idade.
🚸 Solicitan eliminar o bordo e substituílo por unha rampa, como xa se fixo na outra marxe da rúa.
venres, 17 de xaneiro de 2020
Xan Xove visita O Grove e presenta unha iniciativa para que se afronte a obra de abrigo do Porto de Meloxo
O pasado
xoves, o deputado do Grupo En Común da Esquerda, Xan Xove, visitou O Grove para
reuniuse cos concelleiros de Esquerda Unida, José Antonio Otero e Ana Cristina
Domínguez; e o presidente de Amegrove, Francisco Padín, e coñecer de
primeira man a situación do porto de Porto Meloxo e así presentar na Comisión 8ª
de Pesca e Marisqueo, celebrada na mañá do venres, unha iniciativa para que a
Xunta de Galicia, a través de Portos, afronte dunha vez por todas a obra de
ampliación do dique de abrigo.
Tanto os
concelleiros de Esquerda Unida, como o presidente da cooperativa Amegrove
recordaron a situación de parálise na que se atopa o proxecto, iniciado arredor
do 2008, e na gran necesidade de levala a cabo para dar abrigo e seguridade ao
centenar de embarcacións bateeiras existentes no concello meco, moitas delas
agora desprazadas ao porto do Grove pola falta de abrigo no de Porto Meloxo.
Unha obra que ao mesmo tempo permitiría a reordenación do porto pesqueiro situado
no Corgo. Así mesmo, Otero e Padín fixeron fincapé en que esta obra ten que
garantir que non afectará aos bancos marisqueiros da zona, tal e como ven
reclamando a Confraría.
A iniciativa
foi presentada o venres 17 na comisión 8ª de Pesca e Marisqueo da Xunta de
Galicia por parte do grupo parlamentario Grupo Común da Esquerda obtendo o
apoio unánime dos representantes do PSOE, BNG, Grupo Mixto e o mesmo PP. [ver vídeo]
Cabe recordar
que dende Esquerda Unida O Grove, a través do grupo parlamentario Grupo Común
de Esquerda presentou unha emenda aos orzamentos para o 2020 da Xunta de
Galicia relativa a esta obra pero foi rexeitada polo goberno autonómico. [ver emendas presentadas por EU]
Máis info:
Parlamento de Galicia: Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo
Web Grupo En Común da Esquerda: Apróbase porunanimidade a iniciativa do Grupo Común da Esquerda para desbloquear aconstrución do dique de abrigo no Porto de Meloxo
martes, 14 de xaneiro de 2020
EU advirte que o PXOM non contempla a sentenza gañada a Costas no 2017
Os esquerdistas
indican que a pesar de que a sentenza foi firme, as vivendas dos núcleos
costeiros dentro dos cen metros seguen fóra de ordenación ou afectadas por
ordes de demolición.
Solicitan ao
concello que protexa á veciñanza incluíndo as vivendas, en base á sentenza,
dentro das normas urbanísticas antes de que o PXOM se someta a aprobación.
O Grove, 13 de xaneiro de 2020. Dende a agrupación local de
Esquerda Unida aseguran que o plan urbanístico, que Cacabelos anunciou que
sometería a aprobación provisional o vindeiro mes de febreiro, deixa na mesma
situación de irregularidade ás vivendas situadas nos núcleos costeiros do Grove.
Os esquerdistas recordan que O
Grove conta cunha sentenza favorable dende principios do ano 2017 na que se
recoñecen os núcleos costeiros e salvagardan as vivendas que na liña dos 20 e
os 100 metros se atopaban fóra de ordenación ou con ordes de demolición. Así
mesmo, indican que uns meses despois o propio Cacabelos anunciou na prensa que
a sentenza era firme polo TSXG logo de que Costas non presentase recurso en
tempo e forma e que só quedaba plasmar esa situación no documento urbanístico.
Pero, dende Esquerda Unida aseguran que no documento presentado a finais do
2018 e que se atopa actualmente na web municipal non hai nada referente a esta
sentenza e polo que puideron pescudar, tampouco na documentación que o Alcalde
pretende expoñer nestas semanas se contempla esta situación, polo que
consideran que as vivendas seguirán fóra de ordenación ou con ordes de
demolición.
É por iso que Esquerda Unida
solicitou unha xuntanza con Cacabelos para tratar estes asuntos e piden que a
sentenza do TSXG contra Costas se reflicta no PXOM antes de que este se someta
a aprobación provisional do pleno co fin de protexer os núcleos costeiros
consolidados de Rons, Agriños-Gandariña, Virxe das Mareas, Moreiras, Reboredo,
A Igrexa-Praia de A Barcala, Carreiro, Espiño-Bizocas-Carreiro, Sobre do Pozo,
As Laxes e Insuíña.
Gabinete de Prensa
Esquerda Unida O Grove
venres, 10 de xaneiro de 2020
Foto Denuncia EU - Estado do terreo centro social Reboredo
⚠️A veciñanza de Reboredo trasládanos a súa preocupación polo estado no que se atopa o terreo municipal no que está previsto construír un centro social para os maiores.
📰O alcalde declaraba na prensa que a primeira fase do proxecto podería contemplarse nos primeiros meses de 2019. Xa comezou o 2020, sen noticias daquela primeira fase, pero cos terreos lindeiros sufrindo as consecuencias do abandono do lugar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)