O activista social e candidato ao Parlamento Europeo, Javier Couso; os deputados de AGE no Parlamento Galego, Eva Solla e Juan Fajardo; e o coordinador nacional de Anova-IN e Alcalde de Teo, Martiño Noriega, ofreceron o sábado, no salón das Cunchas da Casa do Concello, un acto público no que abordaron a actual situación social e expuxeron as alternativas políticas que a candidatura de Alternativa Galega de Esquerdas en Europa, liderada por Lidia Senra, ofrecen ao modelo europeo neoliberal. O acto foi conducido polo grovense, Luis Rei, e contou coa presenza da coordinadora nacional de Esquerda Unida e viceportavoz de AGE no Parlamento galego, Yolanda Díaz.
martes, 6 de maio de 2014
xoves, 1 de maio de 2014
Acto Público Alternativa Galega de Esquerda en Europa
É a hora do pobo!
Contaremos con intervencións de peso,
entre as cales destaca Javier Couso, activista social e
candidato ao Parlamento Europeo por Izquierda Unida. Couso é
traballador audiovisual, traballando actualmente na dirección dos
documentais Una mosca en una botella de coca-cola e Lolo
Rico: la mirada no inventada. Como activista social traballou en
diversas causas, destacando por desgraza na Asociación de Amigos,
Irmáns e Compañeiros de José Couso tralo asasinato por parte do
exército dos Estados Unidos do cámara galego. Participa tamén como
analista en diversos medios de comunicación, en programas como La
Tuerka e Fort Apache, ou en cadeas como TeleSur, RT ou HispanTV.
Contaremos ademáis coa presenza de
Martiño Noriega, coordinador nacional de Anova – Irmandade
Noacionalista e alcalde do Concello de Teo, así como coa deputada
galega do grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda e
enfermeira viguesa Eva Solla.
No acto abordarase a situación social
actual e as alternativas políticas ao modelo europeo neoliberal que
ofrecemos desde a esquerda.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)