A crise económica, provocada polo sistema capitalista, está xerando unha clase social cada vez máis empobrecida e sometida aos vaivéns dos mercados financeiros.
O ano 2011 está finalizando co aumento das desigualdades sociais. Estas diferencias económicas e desigualdades acentúanse moitísimo máis nas mulleres, xa que son estas as que están sufrindo directamente un duro golpe contra as conquistas aparentemente consolidadas.