É tempo de mudar este xeito inhumano de facer política, dende a rúa
podemos forzar o cambio, a folla de ruta da dereita nos conduce a que xa
máis de 3.000 familias foron desafiuzadas en Galicia no primeiro
semestre do ano,consecuencia dunha especulación consentida tanto polo
PSOE coma polo PP, e xa son máis de 400.000 familias desafiuzadas en
todo o estado. Resulta hipócrita que agora o PP e o PSOE decidan
consideralas vítimas e non antes, cando o drama xa existía e
organizacións como Stop desafiuzamentos, e a Esquerda Plural no Congreso
dos Deputados, presentaron medidas concretas para impedir o que hoxe
acontece.
A
aplicación do Real Decreto 16/2012 que non é maís que un deterioro
continuo da sanidade, o desmantelamento de hospitais a través do peche
de quirófanos, da redución de persoal que nos leva xa a máis de 40.000
pacientes en lista de espera “oficial”, do repago dos medicamentos, do
servizo de ambulancia, das próteses, cadeiras de rodas, que responden a
unha estratexia privatizadora da dereita.
Na
educación, o despido de docentes, a redución de programas educativos, o
encarecemento das taxas universitarias que condicionan o acceso en
función do económico, o constante aumento dos concertos con diñeiro
público coa patronal privada, e a perspectiva dunha nova lei educativa
que se converte en escusa para retrotraernos a unha nova e longa noite
de pedra en materia educativa.
A
xustiza co pago de taxas desproporcionadas que supón un recorte
insconstitucional do dereito de igualdade ante a lei. Nos atopamos ante
un panorama cada vez máis excluínte, deprimente e inxusto para os mesmos
de sempre.
A crise mata e nós somos as vítimas deste sistema que só vela polos intereses duns poucos. Estase a falar de tres suicidios diarios consecuencia directa dun sistema capitalista que prima o beneficio por riba das persoas. Máis
de 300.000 familias viven dunha pensión de xubilación, o 7,8% dos
fogares teñen todos os membros sen emprego, a situación de excepción
leva a unha resposta de excepción. É necesario saír á rúa e demostrar
que outra maneira de gobernar é posible. O 14N a folga social, na que
todas e todos temos que defender os dereitos arrebatados ten que ser un
ataque aos poderosos, unha demostración da forza do pobo, de que a
política se muda dende as institucións e dende a rúa.
Yolanda
Díaz afirma que “esta folga é contra a miseria que está a provocar este
goberno ilexítimo que deteriora a vida da xente e que está sustentado
nas mentiras dos seus dirixentes”.
É inadmisible que se estea a aplicar unha política en contra da
cidadanía, dos dereitos e da dignidade. Cada vez son máis as persoas que
están a padecer as políticas dos poderosos onde os enganos se
converteron en débedas, esas mesmas políticas insensibles que se
materializan en suicidios silenciados, mentras se rescatan entidades
bancarias que reciben cartos públicos para seguir enganando e
condicionando o futuro da sociedade.
Por
todo isto Esquerda Unida, como integrante de Alternativa Galega de
Esquerda, fai un chamamento urxente á cidadanía a organizar e participar
nunha rebelión cívica que garanta a dignidade das persoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario