A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Grove infórmanos que por causas alleas á súa vontade, as xornadas de mañán, que se ían realizar no Cine Marino, cambian de ubicación, e pasarán a celebrarse na Casa de Cultura Manuel Lueiro. Manterase o horario previsto así como o programa das mesmas.
venres, 24 de outubro de 2008
domingo, 19 de outubro de 2008
Xornadas de debate sobre a Lei da Memoria Histórica
O vindeiro día 25 de outubro, celebrarase no Grove a Xornada Lei da Memoria Histórica, no Cine O Marino, organizada pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Grove.
martes, 14 de outubro de 2008
Contra as medidas “contra” a crise do goberno do PSOE
A Xuventude Comunista manifesta a súa oposición ás medidas económicas anunciadas polo goberno para facer fronte á crise global que o neoliberalismo trae como principal consecuencia e ten profunda dimensión en España.
venres, 3 de outubro de 2008
Esquerda Unida anima a participar nas mobilizacións do 7 de outubro
Desde a Agrupación Local de Esquerda Unida no Grove, queremos animar ao maior número de traballadores a participar da Xornada Mundial polo Traballo Decente que se celebrará o vindeiro martes día 7. No noso país, a convocatoria é na cidade de Vigo, e terá comezo ás 20 horas.
EU critica as declaracións de Feijoo respecto ao caso das “listas bascas”
Desde a agrupación local de Esquerda Unida no Grove queremos solicitar ao Partido Popular, quen foi recentemente sancionado cunha multa de 61.101,21 € pola inclusión de varios veciños do Grove en listas do PP do País Basco sen o seu consentimento, a realizar un exercicio de responsabilidade ante esta situación, e depurar aos responsábeis desta probada ilegalidade.
Hipotecas subprime
As hipotecas subprime, parte importante das causas desta nova crise capitalista, explicadas con humor.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)