Nestos últimos días estamos a observar a través dos medios de comunicación declaracións do
goberno municipal do Grove nas que se realizan acusacións graves contra a plantilla de axentes
municipais. Están sendo acusados estos axentes de prevaricación por parte do concelleiro de
Seguridade Cidadá o señor Bea García, responsable do funcionamento deste servizo, tarefa para a
cal conta coa axuda inestimable do número dous da lista do seu partido como asesor contratado e co
apoio imprescindible do Alcalde. Mais non o fai nos xulgados, senón a través da prensa. Deberá ser
que non ten probas o señor concelleiro de tal acusación, polo que estaría incurrindo nun delito de
inxurias, e de telas e non denunciar ante a Xustiza, estaría sendo cómplice de dita prevaricación.
Parece que se lle vai das mans o problema ao goberno.
Amósase a través deste conflito a cultura política da que procede o señor Bea e o goberno en xeral.
“La calle es mía” como diría un dous seus mentores. O despotismo co que actúa este goberno é
descarado. Non só afirman que a Policía Local está para servir ao goberno cando se trata dun
servizo público á cidadanía, senón que pretenden utilizala con fins recadatorios, función que non
corresponde a este servizo municipal. Destápase así o que estaban sospeitando moitos veciños e
veciñas: a política de sancións deste goberno non ten unha finalidade concienciadora, senón que é
utilizada polo goberno local como instrumento recadatorio sen máis.
A inexistente planificación e o rumbo errático do goberno municipal destápanse claramente a través
da comunicación do non abono de horas extras por falta de multas. Os orzamentos municipais
carecen de toda base sólida. Negáronse a negociar coa oposición nen tan só unha partida arroupados
na prepotencia, o despotismo e actitude chulesca que os caracteriza. Realmente non querían que se
lles destaparan as vergoñas da súa falta de capacidade para gobernar. Agora esa incapacidade
págana cos empregados municipais e sufrímola os veciños e veciñas do Grove.
A política de persoal é catastrófica, e é rematada polos recortes do goberno central, os cais son
apoiados sen fisuras polos concelleiros que sustentan este goberno.
O Grove non merece estos gobernantes. O señor Bea e o señor Pérez, se realmente respetan ao pobo
ao que pretenden representar, deberían presentar as súas dimisións.
Asemblea Local de Esquerda Unida
O Grove 30 de agosto de 2012
Ningún comentario:
Publicar un comentario