sábado, 28 de abril de 2012

EU votou en contra do novo regulemento de uso das instalacións deportivas

Motivación do regulamento. Por que é necesario?

Estamos no debate de un novo regulamento. Neste caso de uso das instalacións deportivas municipais. Este novo regulamento, derogará o anterior, que data do ano 2.006, aprobado sendo Alcalde o señor Miguel A. Pérez, quen volve a traer unha proposta neste senso, esta vez baixo iniciativa de un concelleiro de deportes distinto, o señor Alfredo Bea. Cando se debate calquer tipo de iniciativa, o primeiro que nos preguntamos para poder decidir o noso sentido de voto é que é o que a motiva e tamén sobre a súa necesidade e conveniencia. Facémoslle entón unha primeira pregunta ao señor Alcalde: ¿cales son as motivacións para traer a Pleno un novo regulamento de uso das instlacións deportivas municipais? ¿Obervouse algunha necesidade nova que o anterior regulamento non recollera?

xoves, 26 de abril de 2012

EU preguntará no Pleno de Abril sobre a contratación do Asesor de Fredi


Na Xunta de Goberno do pasado 24 de febreiro, o goberno aprobou o proceder á contratación de Victor Otero Prol, número 2 da candidatura do Partido Galeguista Demócrata, como coordinador, asesor e xestor dos servizos da Concellería de Seguridade Cidadá e Emerxencias. Esquerda Unida levará á Sesión Plenaria de hoxe este tema no punto de Rogos e Preguntas: