Ante a situación de crise económica, política, social, ambiental, etc. chegou o
momento de que as forzas políticas de esquerdas, os movementos sociais,
sindicais e a cidadanía en xeral, tomemos a palabra e nos tornemos en
protagonistas do cambio político co que rematar o secuestro da democracia no
que nos teñen sumido o PP e o PSOE.
É preciso que a
cidadanía decida como quere ser gobernada, e para iso é necesario iniciar un
proceso constituínte no que se garanta o dereito a decidir. Temos que recuperar
a Democracia.
Necesitamos un
espazo de confluencia, no que caibamos todas e todos, arredor dun desexo común:
acabar coas políticas ditadas polas elites e o poder económico e rescatar a
democracia, secuestrada polo bipartidismo tamén no ámbito municipal.
Por isto, desde
Esquerda Unida queremos facer un chamamento á cidadanía indignada a participar
na Asemblea Aberta Cidadá que celebraremos o vindeiro día 3 de setembro na Sala
das Cunchas do Concello do Grove ás 20:30 horas.
Temos o poder de decidir.
A túa opinión importa. Participa!!