xoves, 21 de xuño de 2012

RESPOSTA ÁS DECLARACIÓNS DE ALFREDO BEA APARECIDAS HOXE NO FARO DE VIGO

Desde Esquerda Unida queremos amosar a nosa sorpresa e indignación coas palabras do concelleiro de deportes Alfredo Bea publicadas hoxe en Faro de Vigo.

Para nós é toda unha sorpresa ver como se informa de unha xuntanza para tratar o novo regulamento do Consello Local do Deporte celebrada o martes, pois o noso concelleiro, José Antonio Taboada, non foi convocado. Xa é grave que se exclúa ao voceiro de un dos grupos, pero é vergoñento como aínda por riba se lle critica que non teña acudido a unha reunión da cal non estaba informado.

sábado, 16 de xuño de 2012

Queremos amosar o noso apoio a Syriza nas eleccións de mañá

Mañá, 17 de Xuño, terá lugar en Grecia unha das eleccións máis importantes e decisivas na historia non só do país senon de toda Europa.

xoves, 14 de xuño de 2012

A Área de Juventud de IU lanza o vídeo 'No hay dos, sin tres' para denunciar o rescate a España e reivindicar a III República como o proxecto de país do pobo

Desde a "Área de Juventud de Izquierda Unida" lánzase un vídeo aproveitando a campaña de apoio á selección española, "No hay dos sin tres", para denunciar o Plan de Rescate e reivindicar a III República como proxecto soberano do país.


luns, 11 de xuño de 2012

A executiva nacional de EU demanda a comparecencia urxente de Feijóo no Parlamento Galego para explicar o impacto real na que queda Novagalicia Banco e insta á creación dunha comisión que analice e depure responsabilidades pola situación das entidades financeiras galegas


ESQUERDA UNIDA – OS VERDES CONSIDERA QUE O RESCATE CONSTITÚE A DEMOSTRACIÓN DA DERROTA DAS POLÍTICAS NEOLIBERAIS DESENVOLVIDAS POR PSOE E PP

A COORDINADORA NACIONAL DE EU, YOLANDA DÍAZ, SINALOU “NON É UN RESCATE, É UN SECUESTRO COTIÁN SOBRE OS DEREITOS SOCIAIS DA NOSA CIDADANÍA”

Esquerda Unida comeza esta semana unha campaña para coñecer a verdade, toda a verdade, sobre a crise da banca, e demanda explicacións acerca do xa anunciado custo social das medidas acordadas en Bruxelas en materia de emprego na entidade NGB.

xoves, 7 de xuño de 2012

Esquerda Unida rexeita o novo Estatuto do Consello Local do Deporte por ser parcial e partidista.


No Pleno do pasado xoves o concelleiro de Deportes anunciaba que ía transformar o Consello Local do Deporte facendo alarde do carácter “UNIVERSAL” que o mesmo ía lograr. Pouco despois Esquerda Unida recibiu o documento que pretende regular o órgano consultivo. Analizado o mesmo, ollamos como en lugar de abrir as portas a novas incorporacións e amplialo (como el se gabara) para darlle un carácter máis democrático, o que fai é reducir a participación, adaptando o Consello a un maior control pola súa parte, algo que non nos sorprende.

mércores, 6 de xuño de 2012

Analizamos o pleno de maio

A nosa organización xuntouse o luns 4 de Xuño para comentar e analizar actitudes, comentarios e posturas que tiveron algúns concelleiros no pleno do pasado mes de maio, no que o groso da sesión foi unha das dúas mocións propostas por Esquerda Unida: a eliminación do privilexio que exime á igrexa católica de pagar o Imposto de Bens Inmobles (IBI).

venres, 1 de xuño de 2012

Esquerda Unida do Grove está "gratamente" sorprendida porque despois de tan só un ano os seus rogos xorden efecto no goberno.

Xa hai un tempo Esquerda Unida ven reclamando a necesidade de instalar un valo de protección na pista deportiva de Terra de Porto para evitar que os balóns acaben no mar ou rematen impactando nos viandantes, proposta que inclusive levamos a pleno en forma de rogo hai preto dun ano. Por este motivo, sorprendeunos ler estes días na prensa como o Concelleiro de Deportes e Seguridade Cidadá, Alfredo Bea, ía tomar medidas para remediar esta necesidade despois da reclamación dos usuarios/as. Aínda así é unha alegría observar como por fin se vai colocar o valado, que de seguro evitará moitos accidentes, pero queda lonxe do noso entendemento por qué hai once meses este mesmo concelleiro non atendeu a esta demanda cando o noso edil lla fixo saber. Naquel momento cónstanos que Alfredo Bea se negou a colocar o valado alegando que esa zona non era da súa competencia, seguramente receloso por non levar os méritos da súa construción no anterior mandato.

Os rogos e preguntas deste mes presentaranse por rexistro por mor da obriga do noso concelleiro de acudir ao seu posto de traballo

Como ben sabedes os que seguíchedes o pleno polas redes sociais, o noso concelleiro, Jose Antonio Taboada, non puido acabar o pleno por ter que acudir ao seu posto de traballo. Por este motivo non puido expoñer os rogos que tiñamos preparados para este pleno nen facerlle ao goberno as preguntas pertinentes. Aínda así entregaremos por rexistro a documentación axeitada coas nosas reclamacións, que puidechedes ler neste blog.