A agrupación local de Esquerda Unida rexeita a petición do PGD para solicitar a comparecencia do seu concelleiro e responsable de Seguridade Cidadá, Alfredo Bea, nun pleno extraordinario de "urxencias", para "aclarar e mostrar toda a información" sobre a polémica coa Policía Local. En declaracións aos medios de comunicación, Xam Lamelas, tachou a proposta de "manobra para darse autobombo ante unha situación que se lle escapa das mans" e indicou que "non pensamos participar neste paripé"
O pasado 20 de novembro, a nosa organización, ao igual que o resto de partidos que formamos parte da oposición, recibiu un e-mail do Partido Galeguista Demócrata no que nos indicaban que tíñamos "a disposición o voto do PGD para pedir a comparecencia do concelleiro ante un pleno de urxencia, para poder aclarar e mostrar toda a información necesaria, dos feitos acaecidos nos últimos meses" en relación á polémica pública que mantén o concelleiro de Seguridade Cidadá, Alfredo Bea, coa Policía Municipal. No mesmo correo indicábannos, que este ofrecemento era "sempre que a intención da oposición sexa saber a verdade e non os ataques persoais ao concelleiro e a búsqueda do descrédito persoal non da boa xestión dos servizos para o ben dos nosos veciños". Ademais, neste e-mail, o PGD acusou aos grupos da oposición de facer comentarios sobre a polémica sen ter información veraz.
Esquerda Unida O Grove non pedirá a comparecencia de Alfredo Bea en ningún pleno de urxencia como así o fixo saber o futuro concelleiro desta agrupación, Xam Lamelas, en declaracións a Todogrove.com e Diario de Arousa.
TODOGROVE.COM
Esquerda
Unida non podería votar no pleno da vindeira semana a hipotética comparecencia
de Bea dado que o seu edil dimitirá ao comezo da sesión e a persoa que o
substituirá, Xan Lamelas, non tomará posesión do seu cargo ata xaneiro. En
calquera caso, tampouco semella que neste partido haxa interese en aceptar o
convite do PGD: “Non pensamos participar neste paripé”, afirmou o propio Lamelas.
“Pode
amosar esa documentación que di que ten en calquera momento”, apuntou o futuro
edil, quen ve tras esta proposición dos galeguistas una “manobra de Bea para
tentar lavar a súa imaxe e implicar aos grupos da oposición”.
Respecto
das críticas do PGD a que a oposición criticase ao concelleiro sen ter pedido
información no Concello, o representante de EU opinou que “nos limitamos a
observar a situación creada polo propio concelleiro e a facer unha avaliación
do que afirmou a través dos medios”.
Afirmacións que para Lamelas constitúen tamén “graves
acusacións” dunha suposta “prevaricación de axentes da Policía Local”, que
entende que nunca se deberían ter trasladado aos medios de comunicación.
“Se ten probas, que vaia ao xulgado e poña unha denuncia. Se
non o fixo ao mellor é porque non as ten”, concluíu Lamelas.
DIARIO DE AROUSA
La tercera agrupación de la
oposición, Esquerda Unida, mantiene un discurso muy parecido al de los
nacionalistas. Xan Lamelas, futuro edil del partido, explicó en la jornada de
ayer que si Alfredo Bea tiene tantas ganas de explicarse “pode pedirlle ós seus
compañeiros de goberno que soliciten a súa comparecencia”. Así, pidió al
concejal “que non intente manchar á oposición” y calificó su actitud como “unha
maniobra para darse autobombo ante unha situación que se lle escapa das mans”.
Desde Esquerda Unida también
destacaron que fue el propio Alfredo Bea el que realizó una serie de
acusaciones contra la Policía Local “sen amosar probas”.
Finalmente, Xan Lamelas recordó que su agrupación no puede presentar la
iniciativa para que comparezca el edil porque José Antonio Taboada renunciará
el próximo jueves a su acta de concejal al principio del Pleno y el propio
Lamelas no podrá tomar posesión hasta la próxima sesión plenaria que, salvo que
haya alguna novedad, debería celebrarse a finales del mes de enero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario