Dende
Esquerda Unida queremos denunciar o que consideramos unha serie de
irregularidades graves na contratación da persoa/empresa que se fará
cargo da Escola de Música municipal durante os dous vindeiros anos.
O proceso de contratación comezou o 20 de xuño, cando a Xunta de Goberno Local acordou aprobar os pregos e o expediente por un importe de 56.725,51 € (IVE non incluído), convidando a tres persoas/empresas (Isolina Domínguez Soto, Rafael Otero Fernández e “SERVIPROD” Servicios y producciones Villar Rey de Galicia SL). Case un mes máis tarde a Xunta de Goberno Local decide modificar o presuposto en máis de 26.500 €, deixando a nova tarifa en 30.139,20 €. O 14 de agosto procédese a abrir os sobres da única concursante, Isolina Domínguez, atopando erros no sobre A, polo que lle dan 3 días para arranxalo. Subsanado o erro, 7 días máis tarde abren os sobre B e C, volvendo a haber erros, un deles no referente ao prezo, xa que superaba o da cuota. Seguramente supraba o da segunda, non o da primeira, algo que podería indicar que non recibiu a notificación da modificación da tarifa. Por este motivo, a XGL decide abrir outro proceso de urxencia, co que volve subir o prezo en preto de 5.500 €, pasando a 35.428,80 €, e volven a invitar ás mesmas persoas/empresas. Agora atopámonos con que a contratada para desenrolar o servizo da Escola de Música municipal é a primeira persoa que presentou a solicitude. Pero o máis grave é que decisión desa contratación tomouse na Xunta de Goberno Local do día 26 de outubro, catro días despois de que o concelleiro, Carlos Otero, dera comezo ás clases. Unha ilegalidade, irresponsabilidade e mostra de como traballa o goberno tripartito á hora de realizar contratacións.
Ante
esta serie de feitos, desde Esquerda Unida queremos que se aclare por
parte do Alcalde o procedemento de contratación do servizo da Escola de
Música. Tanto os diferentes cambios no prezo do servizo, a urxencia na
aprobación nas Xuntas de Goberno Local, que criterio se utilizou para
invitar ao concurso a esas persoas e empresa e non a outras (a única
información que conseguimos recabar de “SERVIPROD (Servicios y Producciones Villar Rey de Galicia SL)” é que se adican á
perruquería unisex), e sobre todo que explique porqué a Escola de Música
comezou a funcionar días antes de que a Xunta de Goberno Local
adxudicase o servizo. No caso de non recibir resposta pública, desde
Esquerda Unida consideraremos que o goberno tripartito ten algo que
ocultar neste procedemento, pois os datos que coñecemos así nolo fan
sospeitar.
Asemblea Local de Esquerda Unida
O Grove
A nova vista pola prensa:
A nova vista pola prensa:
- Faro de Vigo: IU denuncia irregularidades en la escuela de música grovense
- Diario de Arousa: EU denuncia irregularidades en la contratación de la escuela de música
Ningún comentario:
Publicar un comentario