Os
edís Juan Lamelas e José Antonio Otero apoiarán a solicitude de subvención para
a obra da desdobramento da estrada da Confraría
Reclaman
que os fondos que o Plan Concellos destinaba a esa actuación se invistan agora
na mellora integral da gran explanada de Beiramar
O Grove, 6 de abril
de 2018.- O grupo municipal de Esquerda Unida ve necesario que o Concello actúe para
mellorar o deteriorado estado da explanada do Corgo. E o luns farallo saber aos
demais membros da corporación; no pleno extraordinario que o goberno local
convocou para aprobar a solicitude de subvención para o desdobramento do treito
da Avenida de Beiramar que transcorre dende a Confraría ata a rotonda das
garzas. A formación á que representan Juan Lamelas e José Antonio Otero propón
que os fondos que o Plan Concellos destinaba a esa obra se invistan, no caso de
conseguirse a nomeada subvención, na rehabilitación integral da Praza do Corgo.
Unha actuación urxente; tanto pola mala imaxe deste céntrico entorno; como polo
perigo que supón o mal estado do seu firme.
Os edís esquerdistas apoiarán co seu voto favorable o
procedemento de solicitude de subvención que o goberno local xa ten iniciado
ante o IDAE. E é que, tal e como destaca o grupo municipal de EU, favorecer a
posibilidade de que O Grove aumente as súas vías de financiamento é unha
cuestión “de responsabilidade”. Porén, a formación non ve con bos ollos que o
asunto teña motivado a convocatoria dun pleno extraordinario; que ocasionará un
custo económico que non tiña por que terse producido. “Consideramos que existiu
un erro na tramitación da solicitude, e que este asunto chega tarde e mal, pois
tiña que ter sido traído a pleno antes”, indica o grupo. E é que, tal e como
lembran Lamelas e Otero, “o órgano competente para a aprobación deste tipo de
trámites adoita ser o pleno, e non a alcaldía”.
Área de Comunicación
Esquerda Unida O Grove
Así o traslada a prensa:
Esquerda Unida pide que los 101.000 euros sobrantes de Beiramar se inviertan en la plaza de O Corgo [ver noticia web]
Esquerda Unida propone destinar el Plan Concellos a acondicionar la deteriorada plaza de O Corgo [ver noticia web]
EU propone el arreglo de la Praza do Corgo porque da "mala imaxe" y "supón un perigo"
Así o traslada a prensa:



Ningún comentario:
Publicar un comentario