18 xuño 2008

Só 197 dos 672 eurodeputados dixeron NON á Directiva dos 18 meses

Europa camiña polos sendeiros da sinrazón. Esta é a Europa que pretenden construir os voitres do neoliberalismo (Directiva das 65 horas; Tratado de Lisboa -grazas Irlanda pola túa cordura; liberalización e privatización de servizos públicos;etc.): a negación do dereito humano de libre circulación de persoas; a criminalización e encarceramento de maiores e menores;….ISTO É UN AUTÉNTICO DISPARATE XENÓFOBO E RACISTA!!! ATA 18 MESES PRIVADOS DE LIBERDADE EN VERDADEIROS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN!!!

05 xuño 2008

Contra a ilegalización da KSM (Xuventude Comunista da Rep. Checa)

Fai dous anos o goberno checo decidiu ilegalizar a Unión de Xuventudes Comunistas (KSM) e todas as súas actividades. Agora queren ir máis aló, pondo á KSM fóra da lei.
Esta é unha medida antidemocrática que condena a unha organización xuvenil pola súa loita por un mundo xustos e pacífico, en oposición aos intereses dos poderes económicos e o militarismo do goberno checo, á beira da Unión Europea.

Aprovadas as propostas da Xuventude Comunista no Consello Local da Xuventude

Prensa:
Aprovadas as propostas da Xuventude Comunista no Consello Local da Xuventude
CLX

Na reunión mantida na tarde do sábado, os colectivos xuvenís decidiron, a instancias da Xuventude Comunista, traballar para que o 2009 conte con un calendario anual de actividades. Tamén aprobaron a creación dun boletín informativo, o concurso para crear un logotipo identificativo e a modificación dos estatutos do consello sectorial.

27 maio 2008

Os participantes nos cursos de formación do Concello reciben os seus diplomas

Prensa:
Os participantes nos cursos de formación do Concello reciben os seus diplomas
O concelleiro de Xuventude, Formación e Emprego do Grove, Xan Lamelas, fixo entrega esta tarde no salón de actos do concello dos certificados de asistencia dos cursos que se impartiron dentro da “Programación de cursos 2007-2008”, desenvolvidos polas súas concellarías.

04 maio 2008

Lamelas responde ás acusacións de Pérez sobre a obra da escola unitaria de Ardia

En resposta á advertencia de Miguel Pérez realizada a través dos medios de comunicación sobre a posibilidade de que a reconstrución da antiga escola unitaria de Ardia sexa ilegal, desde a Concellería de Formación e Emprego queremos aclarar que:

Ante as verbas de Fernando Meis do PP sobre a situación do goberno municipal

O señor Meis ou ben confunde a política municipal co programa “Aquí hay tomate”, ou ben cre que a maneira de facer política é a de difundir bulos e sinsentidos que nada teñen que ver coa realidade. Tanto nun caso como noutro, a única conclusión que podemos tirar das súas declaracións é que o Partido Popular grovense padece tal incapacidade de propoñer alternativas e solucións aos problemas dos veciños, que só se lle ocurre inventar falsedades sobre as relacións entre os grupos que integran o goberno do Grove.

03 maio 2008

A Mesa do Parlamento aborta a ofensiva de EU para reducir o límite electoral ao 3%

Prensa:
Considera que non pode tramitar a iniciativa lexislativa popular xa que a reforma afecta ao “desenvolvemento básico do Estatuto de Autonomía”.

01 maio 2008

1º de Maio: Nen un paso atrás, non cedamos máis

POLA RECONQUISTA DOS DEREITOS LABORAIS E SOCIAIS
Hoxe, o capitalismo, nesta fase que coñecemos como neoliberalismo, vive grazas á súa acción destrutiva, á súa teima de esnaquizar os elos da cadea solidaria que convertera á clase traballadora nunha masa social informada, formada e crítica, capaz de artellar os movementos de reivindicación e contestar as prácticas egoístas da patronal.
Cada unha das conquistas do que se denominou Estado de Benestar foi debida a unha constante pelexa da clase traballadora e tamén debida á acción de sindicatos realmente comprometidos nesa tarefa.

26 abril 2008

O Consello Local da Xuventude avanza na dinamización da actividade xuvenil

Prensa:
O Consello Local da Xuventude avanza na dinamización da actividade xuvenil
CLX
Os membros do Consello Local da Xuventude reuníronse esta tarde por segunda vez do que vai de mandato; aprimeira reunión realizouse á instancias do concelleiro de xuventude, Xan Lamelas, o pasado mes de marzo, na que decidiron reunirse cada mes. Á convocatoria de hoxe asistiron representantes de Enxebre, Galiza Nova, Xuventudes Comunistas e Novas Xeracións.

A xuventude Comunista levará varias mocións ao Consello Local da Xuventude

Prensa:
A xuventude Comunista levará varias mocións ao Consello Local da Xuventude
O colectivo territorial de O Grove da XCG asistirá mañá á convocatoria do Consello Local da Xuventude con 4 propostas a modo de mocións. Os comunistas apostan pola creación de un calendario anual de actividades de ocio e tempo libre así como pola edición de un boletín informativo da Concellería de Xuventude que recolla toda a información de interese para a mocidade de O Grove.

23 abril 2008

Membros de EU interrompen o pleno con consignas para esixir a reforma da lei electoral

Pancarta Parlamento Galego
Unha vintena de membros de Esquerda Unida, encabezados pola súa coordinadora nacional, Yolanda Díaz, estivo no Pleno do Parlamento de Galicia coa intención de protestar pola existencia dunha mala Lei Electoral e, en concreto, pola porcentaxe do 5 % que marca o teito electoral, teito que estableceu Manuel Fraga, cando gobernaba con maioría absoluta. Unha mostra máis da connivencia deste goberno para coas accións da Dereita e do seu carácter continuista.

20 abril 2008

Esquerda Unida defende unha xestión pública e eficaz do servizo municipal de limpeza

Varredor
Desde a Agrupación Local de Esquerda Unida de O Grove, queremos amosar unha vez máis o noso rexeitamento á medida proposta polo Partido Galeguista de externalizar o servizo de limpeza e recollida de lixo no noso Concello. Entendemos que a obriga da administración pública municipal é ofrecer servizos aos cidadáns, e a limpeza é fundamental, e que estos servizos deben ser o mellor posíbeis. Polo tanto, estamos de acordo en que hai que mellorar a limpeza do noso Concello, é algo que salta á vista, mais discrepamos no xeito de facer isto que se nos propón.

17 abril 2008

O meco Rubén Domínguez presenta mañá a súa curta “Funeral Afónico”

Prensa:
O meco Rubén Domínguez presenta mañá a súa curta “Funeral Afónico”
Diario de Arousa REDACCIÓN > O GROVE
O cineasta grovense Rubén Domínguez presentará mañá na terra que o veu nacer o seu traballo fin de carreira, unha curtametraxe titulada “Funeral Afónico” que se estrenará a partir das dez da noite no Cine O Mariño. A obra ten uns vinte minutos de duración e foi gravada en espazos como Sober, en Lugo; Rouxique en Sanxenxo e, como non podía ser doutro xeito, a parroquia de San Vicente do Grove. O documento visual parte dunha transgresora maneira de mirar moi influenciada polo surrealismo de André Breton e con pinceladas de artistas como Luis Buñuel ou o propio Carlos Velo.

14 abril 2008

Por unha xustiza reparadora, pola III República

O 14 de abril de 1931 a ilusión comezaba a abrirse paso nunha España caduca, dominada polas estruturas caciquís, pola incontestable intromisión dunha Igrexa Católica ben apoiada unha clase dirixente e elitista acomodada, por un exército corporatista e intervencionista, que un ano antes, en 1930, amosara a súa preferencia pola Monarquía e que reflictiría no 36 o seu verdadeiro carácter ao apoiar o golpe de estado.

12 abril 2008

Charlas de emprego nos institutos de O Grove

A partir da vindeira semana, o Concello do Grove, a través das Concellarías de Xuventude, Formación e Emprego dirixidas polo edil de Esquerda Unida Xan Lamelas, impartirá charlas no IES As Bizocas e IES Monte da Vila a cargo do Técnico Municipal de Emprego, en colaboración cos servizos de orientación destes centros educativos.

09 abril 2008

Actividades xuvenís dende a concellería que dirixe Xam Lamelas

Prensa:
Xuventude oferta una amplia oferta de talleres y otras actividades desde abril a junio
La Voz de Galicia
La concejalía de Xuventude de O Grove ha diseñado un amplio programa de actividades para esta primavera. Para el segmento de juventud de 12 a 16 años se ofrecerán los sábados, de 11.00 a 13.00 horas, talleres de cuero, reciclaje, fieltro y otras disciplinas, en el edificio de usos múltiples. El 12 de abril se realizará un taller de cuentacuentos; el 19 de abril, un taller de juegos teatrales y de tiempo libre, y el 10, 24 y 31 de mayo será el turno de las manualidades.

02 abril 2008

A Concellería de Xuventude prepara diversas actividades

A Concellería de Xuventude, dirixida polo edil de Esquerda Unida Xan Lamelas, está a ultimar os detalles da programación de actividades para a mocidade para as vindeiras semanas de abril e maio. Estas actividades foron presentadas polo concelleiro ás distintas asociacións xuvenís no último Consello Local da Xuventude, entre as que se atopan obradoiros, cursos, xogos e excursións.
Lamelas agarda facer público o programa de actividades o antes posíbel, xa que só faltan por solucionar pequenos detalles.

Curso de xardinería para persoas con discapacidade psíquica

A Concellería de Formación e Emprego, dirixida polo edil de Esquerda Unida Xan Lamelas, informa da posta en marcha dun curso de xardinería  para persoas don dispacacidade psíquica dentro do marco do convenio entre o Concello do Grove e a Asociación BATA.

15 marzo 2008

Reuniuse o Consello Local da Xuventude

Hoxe, sábado 15 de marzo, celebrouse a primeira xuntanza deste mandato do Consello Local da Xuventude nas dependencias da Casa do Concello do Grove.
Nesta xuntanza estiveron presentes as asociacións xuvenís Enxebre, Xuventude Comunista, Galiza Nova e Novas Xeracións, estando representadas cada unha por dous membros, excepto NNXX, que optaron por enviar a un só representante.

07 marzo 2008

8 de marzo: esixindo realidades

Este 8 de marzo debería presentarse con maiores espectativas, pero non é así, por iso as mulleres de ESQUERDA estamos ESIXINDO REALIDADES. Vémonos inmersas na dinámica dun goberno que fala en demasiadas ocasións en nome das mulleres sen consultarnos. Introduciu na axenda política leis que non significan o que esperabamos nas condicións de vida das mulleres.

06 marzo 2008

Esquerda Unida pide a rectificación na supresión da Tarifa Nocturna

AS COMPAÑÍAS ELÉCTRICAS, co apoio do Goberno, van a eliminar en Xullo a “tarifa nocturna”, que é unha obriga contraída mediante contrato cos seus clientes. Por este incumprimento non só non nos compensan senón que conseguen – cómo non – que pasemos a pagar máis no cosumo e que, de paso, corramos os usuarios coa boa parte dos gastos das modificacións no voltaxe que esas empresas deben garantir no seu negocio ante o aumento do uso da enerxía eléctrica e para evitar os “apagóns” e as caídas de tensión.

Voto útil, voto inútil

Vídeo realmente gráfico que explica como o chamado voto útil pode chegar a beneficiar á dereita representada polo PP, en troques de reforzar á esquerda, a quen acaba perxudicando restando deputados a IU.

05 marzo 2008

10 razóns para votar IU

Para os que non viñéchedes ao mitin que celebramos o domingo no cine, ou simplemente para os que non tedes claro o voso voto, ou non coñecedes as propostas programáticas de IU e o seu papel durante a última lexislatura, lede as 10 razóns para votar IU segundo Carlos Jiménez Villarejo, ex-fiscal anticorrupción cesado forzosamente do seu posto polo PP.

03 marzo 2008

Esquerda Unida pide o “verdadeiro voto útil” no mitin celebrado no Grove

Prensa:
Esquerda Unida pide o "verdadeiro voto útil" no mitin celebrado no Grove
Redacción Todogrove.com
No mitin celebrado esta mañá no cine O Marino e ante 70 persoas, interviñeron Juan José Guirado, cabeza de lista por Pontevedra ao Parlamento, Patricia Rey, número dous, e os concelleiros de EU en Vilagarcía e O Grove, Juan Fajardo e Xan Lamelas.

01 marzo 2008

Mitin de campaña no Cine O Marino

Este domingo día 2 de marzo, Esquerda Unida realizará o seu mitin de campaña en O Grove no Cine O Marino ás 12 horas. Neste acto intervirán os cabezas de lista de EU pola provincia de Pontevedra, Juan José Guirado e Patricia Rey, ademais dos concelleiros de EU en O Grove e Vilagarcía Xan Lamelas e Juan Fajardo.

24 febreiro 2008

23 febreiro 2008

A Concellería de Formación e Emprego realizará un curso gratuíto de prevención de riscos laborais

Prensa:
A Concellería de Formación e Emprego realizará un curso gratuíto de prevención de riscos laborais
La Voz de Galicia 
El Concello de O Grove, a través de la concejalía de Xuventude, Personal e Emprego ha organizado un curso de formación para trabajadores autónomos sobre prevención de riesgos laborales.

22 febreiro 2008

O 9-M vota Esquerda Unida

O vindeiro 9 de marzo, os cidadáns do Estado Español estamos chamados a votar para elexir aos membros do Congreso e do Senado. Esquerda Unida preséntase a estas eleccións cun programa auténtico de esquerdas, no que se priman os intereses dos traballadores, os dereitos sociais, os servizos públicos e unha política fiscal progresiva que beneficie aos que menos teñen.