Hoxe, sábado 15 de marzo, celebrouse a primeira xuntanza deste mandato do Consello Local da Xuventude nas dependencias da Casa do Concello do Grove.
Nesta xuntanza estiveron presentes as asociacións xuvenís Enxebre, Xuventude Comunista, Galiza Nova e Novas Xeracións, estando representadas cada unha por dous membros, excepto NNXX, que optaron por enviar a un só representante.
Na reunión tratouse primeiramente o borrador de propostas de actividades a realizar pola Concellaría de Xuventude que expuxo o concelleiro Xan Lamelas, e que próximamente serán presentadas ao conxunto da mocidade local. Como segundo punto, falouse sobre o regulamento do CLX e a necesidade de crear unha dinámica de traballo deste órgano consultivo para que a mocidade local vexa no CLX unha ferramenta de participación útil para os seus intereses.
Lamelas enfatizou a necesidade de que os colectivos xuvenís existentes participen activamente no Consello como camiño cara a democracia participativa e como ferramenta necesaria para mellorar a situación da mocidade no Grove.
Ningún comentario:
Publicar un comentario