Europa camiña polos sendeiros da sinrazón. Esta é a Europa que pretenden construir os voitres do neoliberalismo (Directiva das 65 horas; Tratado de Lisboa -grazas Irlanda pola túa cordura; liberalización e privatización de servizos públicos;etc.): a negación do dereito humano de libre circulación de persoas; a criminalización e encarceramento de maiores e menores;….ISTO É UN AUTÉNTICO DISPARATE XENÓFOBO E RACISTA!!! ATA 18 MESES PRIVADOS DE LIBERDADE EN VERDADEIROS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN!!!
Queremos saber que votaron os eurodeputados españois, porque os que se absteñen, neste caso, votan SI á Directiva da ignominia. Nin máis nin menos. Non caben aquí falsas hipocrisías moi habituais en política social e migratoria por parte do PSOE (só falta ollar o que acontece co Sáhara, por exemplo).
Esta Directiva non pretende garantir o retorno das persoas migrantes, só pretende converter Europa nun castelo rodeado de valos e muros (físicos e mentais). E tamén, o que pretende esta Directiva é estender o medo entre a poboación migrante que agora mesmo ten permisos de residencia e traballo temporais. É a mesquina estratexia do neoliberalismo. O capital para subsistir precisa persoas en situación de medo, que non protesten, criminalizadas (hoxe mesmo ata os folguistas son criminalizados), é unha alienación brutal. QUE NON ESTARIAMOS NÓS DISPOSTOS A FACER PARA NON VERNOS RELEGADOS A UNHA IRREGULARIDADE QUE NOS CONVERTE EN CRIMINAIS?
Hai xa tempo que denunciamos desde esta Secretaría por onde camiña Europa, e España, e Galicia. Aquí non se salva ninguén, xa que ninguén dos que nos goberna sae adiante. Empregan un discurso cheo de eufemismos ramplóns, de retoricismos e abstraccións que só pretenden lavar a cara…sen conseguilo. Os non alienados xa non cremos nada dos que nos gobernan. NADA. Só din MENTIRAS que benefician ao capital e prexudican ás persoas. Estas decisións cravan no imaxinario social europeo, español e galego a imaxe da desconfianza, do desprezo cara as persoas migrantes,.. ACASO PODEMOS PEDIRLLES QUE NON SEXAN ASÍ CANDO OS QUE OS REPRESENTAN VOTAN O QUE VOTAN? NON ESTÁ ESTA DIRECTIVA ALENTANDO ESE DESPREZO, ESA DESCONFIANZA?
Europa camiña orientada cara un verdadeiro búnquer. Nel falta humanidade. Nel sobran especulación, manipulación, mentiras, violacións de Dereitos Humanos, e unha longa lista desta horrenda e nefasta construción da Europa-Fortaleza. Europa esquece sobre que cadáveres construiu o seu suposto Estado de Benestar. Así….hai alguén que pense que este secretario pode estar orgulloso de ser europeo?
Xabier Ron
Ningún comentario:
Publicar un comentario