sábado, 26 de abril de 2008

A xuventude Comunista levará varias mocións ao Consello Local da Xuventude

Prensa:
A xuventude Comunista levará varias mocións ao Consello Local da Xuventude
O colectivo territorial de O Grove da XCG asistirá mañá á convocatoria do Consello Local da Xuventude con 4 propostas a modo de mocións. Os comunistas apostan pola creación de un calendario anual de actividades de ocio e tempo libre así como pola edición de un boletín informativo da Concellería de Xuventude que recolla toda a información de interese para a mocidade de O Grove.

A outra proposta que presentarán os portavoces da XCG, José A. Otero e Javier Bea, enmarca o cambio puntual no regulamento interno, documento creado no ano 1997 e que conta con varios puntos dos seus artigos que quedaron desfasados ou que conteñen erros. Por último proporán ao CLX a creación de un logotipo como imaxe que identifique a este consello sectorial, o cal, a Xuventude Comunista considera o máis importante do concello.
Actividades
Dentro da proposta do calendario anual de actividades para a mocidade, a XCG da unha serie de ideas sobre talleres, actividades e concursos. Ademais, propoñen dedicar cada mes a unha finalidade concreta, tales como “Mes da solidariedade”, “Mes do traballo”, “Mes do deporte”, “Mes da educación”…
Esta é a segunda convocatoria realizada pola Concellería de Xuventude que dirixe Xam Lamelas, a XCG confía en que poida ter continuidade e que a mocidade de O Grove vexa neste órgano consultivo un lugar onde aportar as súas ideas e inquedanzas e lograr satisfacer as necesidades dos xoves mecos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario