O pleno da corporación apoiou, este xoves, de maneira unánime a moción do Grupo Municipal de Esquerda Unida encamiñada a lograr unha vila segura para as mulleres, segura para todas as persoas.
Comunicado Prensa da proposta de moción
EU propón medidas para facer do
Grove un espazo seguro para as mulleres e libre de violencias machistas
Ve necesario elaborar un mapa de puntos negros que, por ubicación ou falta de iluminación, poden resultar especialmente ameazantes para as mulleres soas
Aposta por crear espazos seguros nas festas; e por dar formación específica en materia de igualdade ao persoal de Emerxencias e da Policía Local
O Grove, 3 de maio de 2018.- O grupo municipal de Esquerda Unida quere que o municipio do Grove no seu conxunto se converta nun espazo seguro e libre de violencias machistas. Por ese motivo, a formación á que representan Juan Lamelas e José Antonio Otero ten dado forma a unha moción a través da que EU instará á corporación a impulsar medidas, en colaboración co CIM e co Consello Local de Igualdade, que o fagan posible. Sobre a mesa está a eliminación dos puntos negros que poidan ser considerados especialmente perigosos ou ameazantes para as mulleres que transitan soas; a formación específica en igualdade para que Policía Local e Servizo Municipal de Emerxencias dispoñan das ferramentas para actuar axeitadamente ante un episodio de violencia de xénero; e a creación de espazos seguros non mixtos nas festas e celebracións máis multitudinarias.
Nos últimos anos tense elaborado colectivamente un mapa de agresións sexuais en Galicia. Un traballo pensado para identificar e localizar de xeito claro as zonas que poden resultar máis perigosas para as mulleres; e que Esquerda Unida quere empregar como referente para dar forma a unha ferramenta similar no ámbito municipal.
“No Grove existen algúns puntos negros onde a falta de luz, as características da vía ou mesmo a configuración natural da zona provocan que as veciñas non transiten tranquilas, e que o resto da cidadanía evite pasar por elas a determinadas horas”. Así o explican os edís esquerdistas, que ven fundamental que o Concello vaia da man de colectivos culturais, xuvenís e deportivos; así como da comunidade educativa; para realizar este traballo. Ademais, EU reclama que o Concello habilite as partidas orzamentarias necesarias para atallar as problemáticas específicas que incrementen a sensación de inseguridade, como a mala iluminación. E tamén que se inste ás administración competentes a facer o propio nos entornos que sexan identificados como especialmente hostís, e que non sexan de titularidade municipal.
“Debemos construír unha vila accesible e sen barreiras, amable e priorizando os espazos para o encontro”. Así o explica EU, que cre que isto non pode ser posible sen “incorporar a perspectiva das mulleres”. Nese senso, a formación ve fundamental que nas festas locais e grandes espectáculos (“momentos que poden resultar especialmente conflitivos debido á elevada concentración de xente e ao consumo de alcol”) existan espazos seguros debidamente sinalizados, dotados de protocolos de atención especializados e de persoal debidamente formado que asista ás mulleres e rapazas novas que poidan atoparse nunha situación de vulnerabilidade.
EU destaca ademais o feito de que “para asegurar a integridade das mulleres e ofrecerlles unha atención axeitada en cada situación de violencia, debemos contar cunhas forzas de seguridade que teñan unha axeitada formación en igualdade”. Por ese motivo, reclaman a posta en marcha dun Plan de Formación en Igualdade para Policía Local e Servizo Municipal de Emerxencias.
Área de Comunicación
Esquerda Unida O Grove
[descargar moción]

Ningún comentario:
Publicar un comentario