José Antonio Otero indica que
o Alcalde comprometeuse en campaña a entregar a documentación corrixida do Plan
Xeral á oposición e subila á web.
Dende Esquerda Unida recordan
que o publicado na páxina do Concello e en diversos locais públicos non se
corresponde coa planimetría real do PXOM.
O Grove, 20 de xuño de 2019.- Esquerda Unida afirma que o pasado 17 de maio, en
plena campaña electoral, un medio comarcal publicou unha entrevista realizada
ao candidato do PSOE e Alcalde do Grove, José Cacabelos, onde indicaba que neses
días se estaban aplicando as correccións de mais de 150 erros detectados polos
veciños e veciñas e aseguraba que ía
mandar á oposición toda a documentación cos erros xa corrixidos e que nos días
vindeiros –á realización da entrevista–
se ía subir á web para que se puidese consular por toda a veciñanza.
O voceiro de Esquerda Unida, José Antonio Otero declara que “Non sabemos
cantos días corresponden no calendario de Cacabelos a vindeiros, pero xa
contando dende a publicación da entrevista (17 de maio) pasou un mes e nin a
oposición temos a documentación, nin a veciñanza ten coñecemento de si as súas
reclamacións foron atendidas ou non, pois o PXOM que segue colgado na web segue
a ser o mesmo que contiña os erros”.
Esta é unha situación á que, segundo Otero, os ten habituado o Sr.
Cacabelos, “pois no mandato que rematou foi constante o número de veces que
anunciou datas para innumerables asuntos e logo non se cumpriran os tempos ou
simplemente non se facían”. “E vendo este novo incumprimento, esta vez tralo
anuncio en campaña electoral, entendemos que sufriremos esta situación outros
catro anos máis”, subliña o voceiro esquerdista.
Para Esquerda Unida, xa non valen as escusas, pois “si non o tiña listo non
debería ter anunciado datas, e si realmente está xa corrixido e listo para
amosar, non sabemos a que agarda. Non nos vale a escusa das eleccións, pois
salvo que siga de resaca electoral, o goberno non cambiou e non foi preciso
unha adaptación como sería habitual si houbese un novo equipo ao mando”.
Por ese motivo, os esquerdistas solicitan que se lle entregue a nova
planimetría cos erros xa corrixidos e se publique canto antes na web para que
os veciños poidan comprobar que os cambios foron realmente realizados.
Gabinete de Prensa
Ningún comentario:
Publicar un comentario