O
Pleno do mes de outubro aprobou por maioría –unicamente o PP se abstivo– a moción
presentada polo Grupo Municipal de Esquerda Unida solicitando unha política agroforestal en defensa do
interese público.
Moción completa:
POR
UNHA POLÍTICA AGROFORESTAL EN DEFENSA DO INTERESE PÚBLICO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Galicia con miles de hectáreas queimadas e lamentando catro vítimas mortais -dúas mulleres perderon a
vida en Nigrán, un home faleceu en Carballeda de Avia e outro home morreu en Vigo- acaba de padecer a maior catástrofe
natural que ten sufrido a súa superficie forestal nos últimos anos.
A vaga de lumes estendeuse de norte a sur e de este a oeste do país: San
Cristovo de Cea, Baños de Molgas, Chandrexa de Queixa, Montederramo,
Manzaneda, Carballeda de Avia, e ata 23 concellos en Ourense; a reserva da biosfera de Os Ancares, Cervantes, Monforte, Pantón e Friol e ata 30
concellos en Lugo; Ponteareas, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas,
Nigrán, Vigo, Pazos de Borbén, Salvaterra, Soutomaior, Mondariz, Gondomar,
Baiona e As Neves, Ponteareas, Ponte Caldelas ou Mos entre outros en
Pontevedra; así como Boiro, Neda ou
Negreira como exemplos de lumes na
provincia de A Coruña.
Ademais por mor dos
lumes, deberon ser cortadas a
autovía A-52, a nacional 525 , a VG-20, a
AG-57, a PO- 250 e os túneles de O
Folgoso.
A veciñanza dos
múltiples concellos afectados coinciden en denunciar a falta de medios de
extinción coas lapas nas portas das casas e non comprenden como a Xunta cesou
no seu contrato a traballadores e traballadoras dos SPDCIF xusto cando as
condicións atmosféricas indicaban a proximidade do furacán Ophelia, había unha humidade relativa inferior ao 30 % e as
temperaturas superaban os 30 grados. Condicións ideais para que os incendios sexan practicamente incontrolables.
Aínda
non hai un balance provisional de danos: casas destruídas, coches
queimados, maquinaria agrícola
destruída, animais domésticos mortos, viñas e diversas plantacións inservibles
e decenas de persoas sen emprego.
Pero o dano esténdese á paisaxe, ao aire que
respiramos, á auga que bebemos, á caza,
á pesca, á
cultura, á etnografía,
ao turismo rural…,
unha perda económica, ecolóxica e social
Persoas falecidas, familias desaloxadas,
innumerábeis lugares afectados
polos incendios, moitos
deles Espazos naturais
protexidos, Parques
naturais, Reservas da
Biosfera, ecosistemas de
gran valor económico
e medioambiental calcinados por falta de medios tanto materiais como
humanos, e non tivemos máis desgrazas
persoais e máis perdas
materiais grazas a profesionalidade e a implicación das
traballadoras e traballadores que integran os distintos colectivos forestais e
a implicación da sociedade civil.
As perdas de vidas humanas, os custes económicos,
ecolóxicos e sociais que os lumes producen
nos nosos montes xeran
a indignación da
sociedade galega. Esta
indignación debe producir unha
reacción por parte da Xunta de Galicia, levando a cabo políticas de protección
dos espazos e de reordenación do espazo agroforestal galego.
O Sindicato Labrego, a Organización Galega de
Comunidades de Montes, Frouma, Amigos da Terra e a Federación Ecoloxista Galega
abandonaron no mes de xuño o Consello Forestal de Galicia polas continuas prácticas de entorpecemento á súa participación e en concreto pola
presentación en rolda de prensa do Plan de Defensa contra Incendios (Pladiga
2017), antes de que este fora coñecido polas organizacións que participan no
Consello Forestal.
Por todo o exposto, o
Grupo Municipal de Esquerda Unida somete á consideración do Pleno do Concello
do Grove a seguinte,
PROPOSTA DE ACORDO
PRIMEIRO.- Instar
a Xunta de
Galicia a;
1. Democratizar o
funcionamento do Consello Forestal
Galego.
2. Buscar un Acordo
Nacional Estratéxico de Xestión
do Monte Galego que conte co consenso dos grupos
políticos, sindicatos, patronal, organizacións sociais e propietarios forestais
que marque un
cambio na política agro-forestal.
3. Modificar -co consenso
dos grupos políticos, sindicatos, patronal, organizacións sociais e
propietarios forestais- o PLADIGA (Plano Forestal de Galicia e dos Planos de
Loita Contra o Lume) centrando o mesmo na prevención no canto da extinción no
período de alto risco e garantindo a protección dos núcleos poboacionais,
parques naturais e reservas da biosfera.
4. Instar ao Consello Xeral
do Poder Xudicial para que dote
á Fiscalía dos medios técnicos, humanos e económicos necesarios
para mellorar a investigación dos lumes.
5. Elaborar plans
de ordenación dos montes
que contemplen a ordenación
dos cultivos agrarios
e forestais e á mobilización
produtiva das terras,
evitando o aumento
da superficie ocupada
por especies de medra rápida.
6. Poñer en
marcha de xeito urxente
plans de
restauración e recuperación das
zonas afectadas por incendios neste ano 2017 e nos últimos anos.
7. Converter o SPDCIF como
servizo único e público de prevención e extinción de incendios forestais
profesionalizado.
8. Presentar un Plan de
Fomento de implantación de sectores industriais
e empresariais que centren o seu traballo na transformación de produtos
silvícolas e agropecuarios, na conservación de masas forestais e na prevención
dos incendios.
SEGUNDO.- Instar ao goberno do Estado a derogar a Lei de Montes 43/2003, de 21 de novembro,
modificada o 21 de xullo de 2015, e a respectar o carácter singular
dos montes en man común de Galicia.
TERCEIRO.- Dotar, de selo caso, ao Concello dun
Observatorio Medio Ambiental, onde
se propoña unha
política agro-forestal sustentábel
e economicamente rendíbel para a
sociedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario