Os esquerdistas critican que se asinase o
crédito de 4.500.000 €, un día antes de que se coñecese a cantidade concedida
pola subvención da Deputación. Piden que Cacabelos demostre “honradez” e
amortice débeda en lugar de usar os 1,5M de forma electoralista co PGD como el
mesmo afirmou en pleno.
O Grove, 16 de novembro de 2017.- Logo de coñecer que o pasado luns o goberno municipal asinara o crédito de 4.500.000 € destinados á construción do Auditorio no Monte da Vila e a apertura dunha rúa por detrás da Casa da Cultura, e que tan só un día despois a Deputación de Pontevedra anunciara que o Concello do Grove contaría coa subvención máxima (1.500.000 €) do Plan de Reequilibro Territorial destinado á mesma fin, Esquerda Unida critica que Cacabelos “non agardase a coñecer a contía da subvención para solicitar un crédito menor e non provocar un endebedamento moi próximo ao 75%”.

Así, Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal está endebedando o futuro do Concello do Grove, “de forma premeditada e cunha fin electoralista, xa que con este crédito o endebedamento sitúase no 73% dun máximo do 75%”. Entenden que Cacabelos “era coñecedor desta liña de subvencións e a pesar diso forzou aos partidos da oposición para aprobar un crédito moi superior ao preciso e así contar cuns cartos para un uso non lícito” e afirman que “estivo enganando aos partidos da oposición, ás asociación culturais e aos veciños en xeral para obter un financiamento que de outro xeito veríase obrigado a xustificar e negociar por separado”. Deste xeito, o alcalde disporá de 1,5 millóns, máis 400.000 € do Plan Concellos que se ían destinar ao auditorio pero son incompatibles con esta subvención.
Por ese motivo,
os esquerdistas instan a Cacabelos a que demostre a súa “honradez” e destine o
1,5 m sobrantes dos crédito a amortizar débeda.
Coordinadora
Local de Esquerda Unida
O Grove
Ningún comentario:
Publicar un comentario