Algo
similar acontece, por exemplo, co matrimonio civil, un tipo de
servizo que cada vez o veciño solicita máis. Por iso desde a nosa
organización entendemos que no concello de O Grove a veciñanza non
chega a reclamar este tipo de celebracións ben por descoñecemento
ou por non existir ata o de agora unha normativa que ofreza esta
posibilidade.
Desde
hai anos gobernos de distintas cores veñen a realizar por distintos
lugares de España esta cerimonia de recibimento institucional de
recéns. En Galiza temos os exemplos de concellos como Oleiros e
Marín cunha andaina de catro e tres anos respectivamente, e de cuxa
normativa nos axudamos para redactar a nosa proposta.
Pola
natureza laica da nosa organización e que vela por un estado
verdadeiramente aconfesional, queremos que os nosos veciños teñan a
posibilidade de celebrar estes actos simbólicos para que manifesten
o seu compromiso para que os máis pequenos crezcan como cidadáns
libres e iguais en dereitos e deberes.
ver/descargar moción
ver/descargar moción
Ningún comentario:
Publicar un comentario