A partir do pleno deste mes, que se celebrará o xoves 31, a corporación local de EU levará estes actos desde a súa conta de twitter (@euogrove) a todos os seus followers para así loitar coa barreira informativa que sofre dos medios de comunicación, que pasan por alto as iniciativas e intervencións do noso concelleiro, José Antonio Taboada.
A rede social dos 140 caracteres ofrécenos a posibilidade de acercarnos aos nosos simpatizantes e contarlles de primeira man qué acontece no salón de plenos do concello sen imposicións empresariais dos medios nen intereses particulares vencellados á mentira e ao engano.
Desde Esquerda Unida do Grove queremos pór o noso gran de area ao traballo realizado, por exemplo, polos nosos compañeiros desde o Congreso ou desde as Corts valencianas, e que logran que dun xeito ou outro, todos esteamos presentes con eles. Desde a nosa organización entendemos que a unión co pobo non só é cuestión de campaña, senon que temos que acercanos á cidadanía durante toda a lexislatura, pois o noso traballo é continuo e a nosa loita polos dereitos do traballador constante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario